As Escolas Deportivas de Poio incluirán clases de inverno de vela que desenvolverá o Náutico de Raxó, en colaboración co Concello. Estas sesións terán lugar entre os meses de xaneiro e marzo. As clases impartiranse en Raxó todos os sábados, de 10.30 a 13.30 horas. Os interesadas poderán anotarse no teléfono 688962088 ou no correo nauticoraxo@gmail.com.