Menos de dúas semanas despois do seu inicio, o programa Descubre Poio conta xa con máis de 20 profesionais do sector hostaleiro inscritos. Esta iniciativa está impulsada pola Concellería de Turismo, co obxectivo de fomentar a diferenciación e profesionalización dun dos sectores económicos de referencia no municipio.Os primeiros obradoiros comezaron a finais do pasado mes de novembro e desenvolvéronse no Eirado das Margaridas.

Desde o departamento municipal lémbrase que a inscrición ao programa pode realizarse enviando un correo electrónico á dirección ola@descubrepoio.com ou chamando ao número de teléfono 625120475.