Suscríbete

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Pontevedra

O Culturgal celebra: 9.000 persoas

A feira das industrias culturais de Galicia de 2021 pecha as súas portas en Pontevedra cun rotundo éxito de público, que superou todas as expectativas

Nenos participan nun contacontos en galego e inglés de Beatriz Cabaleiro. Rafa Vázquez

A cita coa cultura producida en Galicia volveu pechar as súas portas cun bo sabor de boca: arredor de 9.000 visitas no Recinto Feiral de Pontevedra co gallo do Culturgal 2021.

Así o asegura a organización da feira, que nesta 14 edición recuperou a presencialidade perdida durante o ano pasado da pandemia.

Foron tres días de actitividades, presentacións, proxeccións e espectáculos para todos os públicos.

O prato forte de onte, derradeiro día da feira, foi o fin de xira de Tanxugueiras, que encheu de público o Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra coas entradas vendidas desde hai semanas.

A organización de Culturgal agradeceu especialmente ás empresas expositoras, “auténtica columna vertebral do evento”, a súa confianza e o retorno a Pontevedra tras case dous anos de pandemia.

Nos vindeiros días a organización da Feira comunicarase coas empresas participantes para coñecer a súa valoración do paso pola Boa Vila e das novidades da edición como ter habilitado o venres 26, primeira xornada do evento, como día de montaxe co recinto feiral pechado ao público.

“Temos que dicir que a afluencia de público superou as nosas expectativas. Recibimos unha resposta moi positiva dos participantes que nos manifestaron a importancia de reencontrarnos"

Xosé Aldea - Director da feira

decoration

Malia iso, pasaron polas instalación máis de 9.000 persoas. “Volveu a pasar. E volveu a pasar en Pontevedra, unha cidade coa que xa hai unha identificación plena, que responde á feira como un proxecto propio. Cremos que a feira se reequilibra, cun modelo de feira máis sustentable no que seguiremos afondando nas vindeiras edicións, máis cómoda para visitantes, expositores e para nós como organización. Todos os nomes de referencia na cultura actual estiveron aquí”, celebran os organizadores.

Máis da metade das entradas vendidas deste ano foron adquiridas “on line”, o que supón un cambio sustancial respecto das anteriores edicións. “Cultura segura para todos ”, sinala o director da feira, Xosé Aldea.

Presentación do libro de Roberto Mera "Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos" editado por Belagua.

“Temos que dicir que a afluencia de público superou as nosas expectativas xa que hai só unhas semanas os aforos que manexabamos eran moito máis reducidos. Recibimos unha resposta moi positiva dos participantes que nos manifestaron a importancia de reencontrarnos, o que fai que nos decatemos da dimensión humana ou emocional, se se quer de Culturgal, como cita de referencia para o sector”, conclúe, non sin antes agradecer ás institucións patrocinadoras: Xunta de Galicia, Concello de Pontevedra e Deputación de Pontevedra.

Libros protagonizados por activistas

Haydée Castillo (Nicaragua), Verónica Salazar (O Salvador), Miriam Suazo (Honduras), Estela Ángeles Mondragón (México) e María Cuc Choc (Guatemala) son mulleres que forman parte das máis de 2.000 defensoras de dereitos humanos organizadas arredor da Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos. Elas cinco son as protagonistas da colección de libros ‘Defensoras de dereitos’ que se presentou onte no Culturgal coa participación de Victoria Alonso, deputada de Cultura e Igualdade; Lorena Seijo, portavoz da Coordinadora Galega de ONGD; e Marta Conde, a ilustradora dos libros. A colección está dirixida ao público xuvenil e ten un formato adaptado para que, dende os centros educativos e as bibliotecas, se reflexione e traballe colectivamente o seu contido. Foi creada, editada e publicada en 2020 con tres títulos inéditos e este ano completouse con dous máis: “Haydeé Castillo, sementeira de paz” e “Bea á procura da luz”.


Compartir el artículo

stats