Culturgal volve con máis de 150 actividades

Cultural recuperará a presencialidade tras a pandemia e quere volver ser o gran punto de encontro da cultura galega/ Rafa Vázquez
Todos os espazos reservados por empresas, organizacións e institucións, un ritmo alto de venda de entradas (varios espectáculos xa colgan o cartel de “non hai billetes”) e máis de 150 actividades programadas. Culturgal, a gran cita da industria cultural galega, quenta motores para o seu regreso á presencialidade, tras unha edición marcada pola pandemia e na que tivo que reformular todas as súas actividades.
De novo o Pazo da Cultura volverá a ser escenario da feira, que principiará o vindeiro día 26 baixo o lema “A cultura que toca”, e tamén acolleu na mañá deste venres a presentación do Culturgal de mans dos organizadores e patrocinadores. Víctor López, presidente da Asociación Cuturgal, recoñeceu que o sector está “desexoso” desta recuperación da esencia feiral, un reencontro profesional e de negocio, pero tamén dos axentes, creativos e de todos os públicos da cultura galega.
Incidiu en que esta edición 14 está deseñada “por un conxunto de empresas, profesionais e artistas”, aos que conviduou a reflexionar sobre as oportunidades do sector e fomentar alianzas e redes “igual que Culturgal é unha alianza de 5 asociacións gremiais”, lembrou. en relación Escena Galega, Agapi, Asociación Galega de Eitoras, AGEM e Eganet, as organizacións que organizan conxuntamente a feira.
As pespectivas, recoñeceu, son alentadoras polas reservas de espazos, as propostas de afluencia e programación, “o que indica que a xente tiña moitas ganas” do que será, avanzou, un fin de semana “ateigado de actividades” vinculadas á música, o libro, as artes escénicas, arte contemporánea ou as novas tecnoloxías, algunas das propostas do intenso programa do Culturgal.
A petición das empresas cambia a programación pensada para profesionais e públicos interesados. Estes encontros principiarán o venres ás 17 horas e abordarán temas coma a accesibilidade na cultura, a xestión dos proxectos post pandemia etc
O seu director, Xosé Aldea, detivose especialmente nas novidades, a primeira das cales será xa na xornada inaugural. Trátase do cambio na programación a petición das empresas, que convidaron á organización aprogramar actividades na zornada do venres só pola tarde. Trátase de encontros profesionais pero abertos a todo o público e con entrada gratuita e a modificación dos horarios busca facilitar que participen máis técnicos e firmas do sector.
Tras esta primeira xornada na que a feira abrirá de 17 a 21 horas para axentes profesionais e públicos interesados, Culturgal despregará un amplísimo abano de actividades. Outra das novidades será Culturgal TV, unha televisión propia que se presenta coma a continuación natural do streaming desenvolvido na pandemia e que posibilitou que os contidos chegasen a numerosas familias e novos públicos.
Entre as novidades, Culturgal TV, unha televisión propia que se presenta coma a continuación natural do streaming desenvolvido na pandemia e que posibilitou que os contidos chegasen a numerosas familias e novos públicos
Xosé Aldea referiuse en concreto a “públicos alonxados”, tanto de Galicia (nomeadamente das provincias de Lugo e Ourense) e tamén da diáspora. Son os principais destinatarios das emisión que se prolongarán de 12 a 21 horas o sábado e o domingo a través da canle de YouTube do Culturgal e da web de CRTVG.
A feira manterá os seus prezos (3 euros o billete xeral, 3 para menores de 16 anos e os bebés de ata 3 anos entran gratis) “cada vez conta con máis propostas vinculadas á accesibilidade”, igualdade, inclusión e sostibilidade. Tamén será un reflexo do gran momento do audiovisual galego (presentarse o novo thriller de Alfonso Zarauza ou Rapa, a nova serie de Movistar + ambientada en Galicia) e de novo terá unha forte presenza do sector editorial, con noves coñecidos como Manuel Rivas, Ledicia Costas ou Diego Ameixeiras.
Pola súa banda, a programación infantil volverá ser “un dos corazóns” da feira, en palabras do seu director. Para este futuro da cultura galega de novo volverá a funcionar a Bebeteca (para bebés de 0 a 3 anos) e deseñouse un programa no que de novo colabora o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e nesta ocasión tamén a Misión Biolóxica, que celebrará o seu centenario con obradoiros para toda a familia.
Á exposición Kinético, unha mostra de autómatas, é outra das propostas ás que están especialmente convidados os máis pequenos. Non será, con todo, a única exposición xa que no recinto feiral poderán verse “A Casa de Galicia. Cincuenta anos de apertura da Casa de Rosalía (1971-2021)” e “Cantámola en galego”.
Polo que respecta aos profesionais da cultura, no Espacio Foro debatirán durante a fin de semana dun amplo abano de aspectos relativos á xestión dos proxectos pospandemia, a accesibilidade na cultura, as boas prácticas para a realización de espectáculos ao vivo ou asistir ás presentacións de novas accións institucionais.
Sutil convidou ao optimismo a un sector duramente golpeado pola pandemia lembrando que os indicadores máis recentes amosan que a cultura galega está recuperando “un nivel de emprego superior ao de 2019”, destacou, reflote que tamén se percibe no consumo
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, avanzou que ó a Xunra desenolverá 13 actividades propias de proxectos creativos, presentación de libros ou o Bono Cultural. Tamén debutará o Proxecto Nós de intelixencia artificial para la creación de voz en Galego ou do espazo dixital isaacdiazpardo.gal.
Sutil convidou ao optimismo a un sector duramente golpeado pola pandemia lembrando que os indicadores máis recentes amosan que a cultura galega está recuperando “un nivel de emprego superior ao de 2019”, destacou, un reflote que tamén se percibe no consumo.
A deputada provincial de Cultura, Victoria Alonso, suliñou a importancia de Culturgal para dinamizar a economía do sector e amosou a súa confianza en que “vai ser una feira segura, da que poderemos disfrutar”, antes de pedir á ciudadanía que acuda ese fin de semana ao Pazo.
No Culturgal a Deputación participará con un estand no que “daremos cabida a todos os concellos para que presenten o seu tecido cultural”, nunha programación que será “dinámica e con sorpresas”, sinalou, e na que ademáis de presentacións coma a do libro Defensoras de Dereitos ou do Rias Baixas Film Festival, tamén haberá cabida para o programa de igualdade Violencia Zero, xa que a idea é “mobilizar as conciencias dende a cultura”.
Despediu a presentación a concelleira de Cultura da cidade anfitrioa, Carme Fouces, que lembrou que o Culturgal “se pensou e ideou crendo firmemente en este país e cada ano seguimos exhibindo o máis talentoso” da nosa cultura. A edil fixo votos porque “todas as administracións fagan unha aposta decidida” polas produccións e o talento do país.
Suscríbete para seguir leyendo
- Dos policías locales de Vigo trataron de reanimar al hombre que murió atropellado en Vilaboa
- «Con radioterapia y extirpación de ganglios, en uno de cada tres pacientes hay linfedema»
- La contratación en hostelería en Sanxenxo, inviable por los alquileres vacacionales de hasta 9.500 euros
- Convocatoria nacional en Pontevedra contra las celulosas
- El fiscal pide 5 años de cárcel para un panadero dezano acusado de agresión sexual
- Alumnos del IES A Xunqueira I recuerdan a una compañera que perdió la vida
- «Tenemos unos 1.700 pacientes de enfermedad de Crohn y colitis ulcerosa»
- Vuelca un camión en Cuntis cargado de eucaliptos