Os talleres de expresión dramática plástica e musical “A procura do tesouro”, organizados polo Concello de Pontevedra dende hai 22 anos no Pazo da Cultura e coordinados por Migallas Teatro, foron seleccionados polo Consello da Cultura Galega para participar nos XXIII Encontros para a normalización lingüística, que terán lugar proximamente en Santiago de Compostela.