O monumento erixido por suscripción popular na Caeira en memoria de Alexandre Bóveda será escenario hoxe do acto institucional convocado polo Concello de Poio e ao que tamén se suma o de Pontevedra. A ofrenda comezará ás 13 horas e na misma participarán os alcaldes dos dous concellos, Luciano Sobral e Miguel Fernández Lores, así como representantes da Fundación Alexandre Bóveda.

Anova celebrará un acto simbólico de homenaxe a Bóveda ás 13.30 horas no cemiterio de San Amaro no que participará Xosé Manuel Beiras.

Os actos de lembranza aos galegos que sufriron a represión concluirán cun concerto do artista porqugués António Zambujo, unha actuación con entrada libre que se celebrará na praza da Ferraría a partires das 21.30 horas.