O Concello súmase aos actos do Día da Galiza Mártir -que cada 17 de agosto lembran o asasinato de Alexandre Bóveda, no que se encarnan a todos os que sufriron a represión-, cun concerto do artista portugués António Zambujo.

A actuación celebrarse na praza da Ferrería a partires das 21.30 horas do vindeiro martes “seguindo todos os protocolos sanitarios e de seguridade que marque a lexislación vixente no momento do concerto”, suliñan os organizadores.

Nacido en Beja baixo o nome de António Zambujoéum, o portugués é hoxe “un dos maiores artistas, autores e intérpretes da música portuguesa, amais dun dos seus maiores embaixadores do mundo”, lembra o Concello.

Engade que Zambujo (que ten sido nomeado para o Grammy Latino) foi quen de incorporar ao seu estilo as influencias do cancioneiro brasileiro, en particular da Bossa Nova, logo de ser adestrado na tradición do cante alentejano e do fado, puntos dos que partiu para crear “unha personalidade musical única e enigmática”.

Nacido en Beja baixo o nome de António Zambujoéum, é hoxe “un dos maiores artistas, autores e intérpretes da música portuguesa, amais dun dos seus maiores embaixadores do mundo”, lembra o Concello

Á Boa Vila chegará co seu último traballo, “António Zambujo Voz e Violão”, unha obra de este mesmo 2021 que recolle “a esencia de todo o acontecido nestes dos últimos anos, incluíndo a fraxilidade humana e a urxencia de repensar no esencial”, destacan dende o Concello.

“Coa capacidade de derribar fronteiras, reais e imaxinarias”, precisan as mesmas fontes, este artista “achegou a nivel musical os dos lados do Atlántico, tal como queda demostrado na súa discografía, ecléctica e bela a partes iguais”.

O concerto servirá de peche a unha xornada na que o acto central será, un ano máis, a homenaxe institucional do Concello de Poio, na que se realizará a tradicional ofrenda floral na Caeira

O concerto servirá de peche a unha xornada na que o acto central será, un ano máis, a homenaxe institucional do Concello de Poio, que incluirá a tradicional ofrenda floral no monumento adicado á Alexandre Bóveda na Caeira. A cerimonia principiará ás 13 horas e entre os participantes tamén estará o alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores.