Cinco espacios ao aire libre da cidade (a avenida de Santa María, os jardíns de Marescot, Virxe do Camiño, o Parque dos Gafos e a ponte do Burgo) serán escenario do ciclo “En3vistas”, unha aposta pola normalización do galego con novos referentes en eidos culturais e sociais.

A proposta pasa por “amosar a lingua que se vive, que se fala, e coa que se traballa con total normalidade como parte da sociedade. Doutra banda, queremos coñecer a relación das persoas de diferentes eidos coa lingua”, sinala o concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña.

Ademáis de presencialmente, os faladoiros poderán seguirse na rede en vivo e en diferido e neles exercerá de mestra de cerimonias a xornalista Chus Gómez Dorrego

Éste encabezou onte a presentación da que será a segunda edición do ciclo de entrevistas, que terán unha primeira parte aberta ao público e ao aire libre. Tamén se brindará a posibilidade de seguir as conversas na rede tanto ao vivo como en diferido.

A xornalista Chus Gómez Dorrego exercerá de mestra de cerimonias, entrevistando aos convidados e fomentando o diálogo para afondar en temas como o seu perfil profesional ou a relación entre a lingua dos falantes e a súa vida.

Álex Regueiro e María Viqueira); Iria Veiga e Darío Lago; Carlos Blanco e David Amor; e Pili Pampín e Ortiga serán os protagonistas das distintas conversas

O ciclo celebrarase do 2 ao 6 do vindeiro mes de agosto e contará con Álex Regueiro e María Viqueira (a xornada inaugural, na avenida de Santa María); Mounqup e Masakazu Shida (día 3 nos xardíns de Marescot); Iria Veiga e Darío Lago (o día 4 en Virxe do Camiño); Carlos Blanco e David Amor (o 5 no Parque dos Gafos); e Pili Pampín e Ortiga (6 de agosto na ponte do Burgo).