O Día de Galicia celebrarase en Marín da man de Trompos os Pés e cunha participación en forma de alfombra floral, con motivos típicos do Camiño de Santiago.

O domingo 25 de xullo colocarase unha traseira na Alameda na que a veciñanza poderá facerse fotos. Na contorna da Praza, ademais, tocarán a modo de pasarrúas os integrantes de Trompos os Pés cancións típicas da nosa terra.

Despois do Carme, as festas chegan a Seixo. Hoxe sábado, de 11.00 a 14.00 horas, haberá actividades infantís na Alameda, para que os máis pequenos da casa tamén poidan gozar destas festas, e a partir das 12.30 horas, a ambientación musical será a cargo de Os Saljariteiros, na Praza de Seixo.

Xa de noite, na Alameda, a Banda de Música Musimarín ofrecerá un concerto ás 21.00 horas e máis tarde, ás 23.00 horas, será o grupo Raúl & Cía o encargado de poñer o peche á programación no entorno da Praza de Abastos.