Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Anxos Sobriño Pérez | Responsable de Tradución de Xustiza en Pontevedra

“O administrado ten dereito a recibir a documentación na lingua que escolla”

“Para traducir linguas non oficiais a Xunta ten un contrato cunha empresa externa”

Anxos Sobriño ante a Audiencia Provincial de Pontevedra

Impensable en décadas anteriores, cada vez é máis habitual que nas salas dos xulgados se empregue indistintamente castelán e galego. Anxos Sobriño é a responsable do Servizo Lingüístico da Audiencia Provincial de Pontevedra.

– En que consiste o traballo que desenvolven nos xulgados de Pontevedra?

– Nas audiencias provinciais hai departamentos lingüísticos para asesorar aos órganos xudiciais no uso da lingua galega e para garantir os dereitos lingüísticos das persoas que se relacionan coa administración de Xustiza. Na vertiente de asesoramento resolvemos dúbidas lingüísticas que podan ter as persoas que traballan nos órganos xudiciais e organismos auxiliares. Pode ser un asesoramento puntual ou un asesoramento máis demorado de documentos completos, de revisar documentos máis longos, etc. Outra cousa que facemos é traducir tanto para o galego como para o castelán, tamén modelos de documentos, ou programas informáticos que se utilizan na administración de Xustiza. Agora estamos traducindo o programa de tramitación procesual. É un traballo que se reparte entre todos os servizos lingüísticos.

– Pensa que é un servizo que conoce a cidadanía?

– Non, sobre todo porque o administrado ten dereito a recibir a documentación do xuzgado na lingua que escolla e non se demanda moito ese dereito, seguramente porque non se coñece. Pero si unha persoa quere que lle notifiquen calquer documento de trámite en galego ten dereito a recibilo. Tamén en castelán, claro.

– Tamén se encargan da tradución dentro da sala.

– A interpretación entre as liguas cooficiais na mesma sala hai que recoñecer que é minoritaria, non é un traballo que fagamos moi habitualmente. Son dúas línguas próximas e nas salas normalmente hai intercomprensión polo que non é necesario facer unha interpretación. Hai algúns casos nos que si nos chaman como intérpretes, pero son moi poucos.

– E a tradución doutras linguas?

– A Xunta ten un contrato cunha empresa externa, Seprotec Traduccion e Interpretacion, á que se lle pide os profesionais que se necesitan para eses casos. Normalmente as traducións para linguas non oficiais subcontrátase a esta empresa.

– Cantas persoas integran este departamento?

– Nos xulgados de Pontevedra somos tres persoas. En toda a provincia somos catro, hai outra persoa en Vigo. Pero todos traballamos para toda a provincia.

– Non parecen moitos. Tense avanzado en algo na mellora deste servizo nos últimos anos?

– Somos poucos si, pero a mellora do servizo ten que ver máis coas melloras tecnolóxicas. Cada vez temos mellores medios que nos permiten traballar con máis facilidade, pero non houbo un aumento de persoal nos últimos quince anos aproximadamente.

“No xuizo do ‘Prestige’ foron 80 xornadas de interpretación”

– Cal foi o traballo de tradución máis complicado que recorda na Administración de Xustiza.

– Pois que recorde agora houbo un traballo de interpretación bastante longo e complicado cando foi o xuizo do “Prestige”, que se fixo no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, non é Pontevedra, pero alí se fixeron máis de 80 xornadas de interpretación. A interpretación que se fai nos órganos xudiciais en xeral adoita a ser consecutiva, o que quere decir que unha persoa fala na súa lingua e o intérprete a continuación o traduce. No xuizo do Prestige era imposible facer esta interpretación consecutiva, polo número de línguas que se empregaban alí, polo que se tivo que facer interpretación simultánea, con cabinas e interpretación cara o inglés, cara o grego, e mesmo interpretación por relé que é tradución a través dunha lingua ponte. Aquí en Pontevedra tamén fixemos algunha vez interpretación murmurada, que é cando hai varios acusados ou testemuñas non galegos e hai que darlles unha interpretación murmurada das declaracións das outras persoas.

– É frecuente que os intervintes demanden a tradución entre galego e castelán?

– Non é frecuente. Ás veces a interpretación ente galego e castelán pode ser percibida como innecesaria, pero unha vez tivemos unha interpretación que foi realmente moi necesaria, porque era a unha persoa que estaba declarando para un xulgado de fóra de Galicia é realmente tiña moitas dificultades para expresarse en castelán. Realmente vin que ese xuizo non se podía levar a cabo sin un intérprete de galego e castelán.

Compartir el artículo

stats