Manuel Castro, tamborileiro do grupo Aires da Terra, creado por Perfecto Feijóo (1858-1935), recibíu onte a homenaxe dos veciños de Cerponzóns, nun acto organizado pola asociación O Chedeiro.

O acto contou cun concerto e unha mostra do vestiario empregado por Aires da Terra. Tamén cunha conferencia sobre a relación de Manuel Castro coa parroquia de Cerponzóns e a súa participación ao longo de máis de doce anos no grupo de música tradicional, a cargo do secretario da asociación de veciños, Juan José Esperon Recarey. Explicou que o grupo Aires da Terra creouse entre 1883 e 1889, tendo a súa primeira actuación en 1900. “Nacera en contra dos gustos da sociedade de entón, xa que todos os seus compoñentes eran da alta sociedade pontevedresa a excepción do tamborileiro, o único aldeano, de oficio labrador”. Castro “era tan extraordinario que levaba o tamboril pendurado dun dedo da man esquerda, mentres o tocaba coas dúas mans”.