Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O xurado resolve os premios do certame Ben Veñas Maio

Cartel anunciador do Ben Veñas Maio 2021

O xurado do Certame Ben Veñas Maio vén de fallar os premios nas distintas categorías convocadas nesta edición de 2021: III Certame de Videoclips musicais, V Certame de curtamentraxes, XX Certame de fotografía, XXVIII certame de banda deseñada, XXVIII Certame de narración curta e o XX Certame de poesía.

A premiada no III Certame de videoclips musicais foi Clara Fariña Castro, do IES Xunqueira II.

No V Certame de curtametraxes o primeiro premio foi para Alicia Dopazo Cendón, do IES Valle Inclán e no XX Certame de fotografía o primeiro premio foi para Carme Munaiz Canosa, do IES Sánchez Cantón, e o segundo para Carolina Munaiz Canosa, do IES Sánchez Cantón.

No XXVIII Certame de banda deseñada, a Categoría A quedou deserto, mentres que a categoría B, a partir de 15 anos, resultou co primeiro premio “Arredor de min”, de Miguel Bouza Rodríguez (IES Torrente Ballester), e co segundo “A historia do galego con pantín e timpán”, de Ainoa Garzón Mejuto (IES A Xunqueira I) e “Mortalmente galego”, de Anaís González Aboy, do IES A Xunqueira I.

No XX Certame de poesía, na Categoría A, ata 14 anos inclusive, o primeiro galardón levouno “Con alma e sangue galegos”, de Alexandre Garrido Roca (IES Torrente Ballester), e o segundo premio foi para “E se sei?”, de Sabela Porto Verísimo (IES A Xunqueira I). Na Categoría B, a partir de 15 anos, o primeiro premio foi para “Non quero ser coma ti”, de Mario Elías Blanco Boullosa (IES Torrente Ballester) e o segundo “Enleada”, de Sara Rodríguez Vence (IES Sánchez Cantón), así coma “O son da pandeireta”, de Clara Fariña Castro (IES A Xunqueira II).

O certame ten por obxectivo acadar unha maior utilización do idioma galego por parte das xeracións máis novas

decoration

 No XXVIII Certame de narración curta, a Categoría A, ata 14 anos inclusive, o primeiro premio foi para “Naceu e morreu sendo galego”, de Paula Fariña Martínez (IES Valle Inclán), e o segundo para “Unha nova historia”, de Ana Uxía Santos (IES Luis Seoane), e “Voltas e revoltas da vida”, de Marcia González García (IES Torrente Ballester). Na Categoría B, a partir de 15 anos, o primeiro premio foi para “Un día de chuvieira”, de Sofía Filgueira Fómez (IES A Xunqueira II) e o segundo para “Ninguén”, de Andrés Pardo Carballo (IES Torrente Ballester) e “Quen non existe”, de Alfredo José Fernández Marques (IES Sánchez Cantón).

O Certame Ben Veñas Maio ten por obxectivo acadar unha maior utilización do idioma galego por parte das xeracións máis novas incentivando a creatividade, a participación e a comunicación en galego, así como a reflexión sobre o uso e a situación social da lingua de Galiza. Os distintos certames dentro de Ben Veña Maio buscan impulsar a creatividade da mocidade en lingua galega desde diferentes eidos de expresión como a escrita (prosa e poesía), a fotografía desde a ollada crítica, a música, a banda deseñada e a creación de curtametraxes. Está organizado polos equipos de normalización e dinamización da lingua galega dos centros públicos de ensino secundario e ciclos formativos do concello, co apoio do Concello de Pontevedra através da Concellaría de Normalización Lingüística. O xurado, ao igual que anos anteriores, estivo formado polo concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, e polas persoas coordinadoras dos equipos de normalización e dinamización da lingua galega dos IES A Xunqueira I, IES A Xunqueira II, IES Frei Martín Sarmiento, IES Torrente Ballester, IES Valle-Inclán e IES Sánchez Cantón. 

Compartir el artículo

stats