O IES de Poio acolle desde onte os obradoiros sobre igualdade, que se centrarán nas novas masculinidades e o empoderamento feminino. Trátase dunha actividade que forma parte da programación do Día Internacional da Muller, que este ano inclúe a realización de actividades que axuden a fomentar valores de igualdade entre a xente nova. Cómpre lembrar que hai só unhas semanas tamén se desenvolvían iniciativas similares noutros centros educativos de Educación Infantil e Primaria, como os contacontos Xogando Somos Iguais.