Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Unha xeración que fala castelán

Unha investigación da RAG constata que o 70% dos estudantes da ESO apenas emprega o galego | Reclaman máis espazos de uso da lingua: nas redes, o lecer, a empresa...

Henrique Monteagudo, María López Sández, Víctor F. Freixanes e María Ortega. | // GUSTAVO SANTOS

Os alumnos de centros públicos e galegofalantes de orixe son os que teñen maiores competencias lingüísticas en Galicia, un dato que reflectía xa o primeiro estudo realizado en 2009 e que se ratifica na nova investigación que presentou onte a Real Academia Galega. O traballo de campo desenvolvido en 26 centros galegos proba que o 35% do alumnado castelanfalante remata a ESO cunha escasa competencia en galego.

A investigación avalía a competencia bilingüe nos idiomas galego e castelán do alumnado de cuarto da ESO e calcula o efecto do novo modelo implantado a partires do 2010 co Decreto do plurilingüismo. Amosa que o dominio parello dos dous idiomas está relacionado cun perfil de estudante que ten a lingua galega presente na súa vida cotiá, dende a familia ata a escola.

Tras un longo proceso de avaliación, monitorización e medidas para correxir posibles sesgos, o estudio reflicte que case o 44% dos perto de 600 estudantes de secundaria (pertencentes a distintos centros públicos e privados seleccionados para representar ao conxunto da poboación adolescente galega) sinalaron que tiñan tanto o galego o castelán por lingua inicial.

Outro 36,1% indicou que o castelán é a súa lingua inicial e, nunha porcentaxe moito menor, do 18,1%, sinalou ao galego como idioma materno.

Case o 44% dos perto de 600 estudantes de secundaria (pertencentes a distintos centros públicos e privados seleccionados para representar ao conxunto da poboación adolescente) sinalaron que tiñan ambas linguas por inicial.

decoration

O alumnado galegofalante amosa unha competencia satisfactoria nos dous idiomas., pero máis do 35% dos castelanfalantes teñen problemas para expresarse en galego.

Os centennials (nados a partires de mediados da pasada década dos 90) rematan a secundaria obrigatoria cunha competencia aceptable nas duas linguas oficiais, pero cun acusado desequilibrio en detrimento do galego: case o 70% respostou que fala única ou preferentemente castelán, e só fai un uso similar do galego o 30%.

O Seminario de Sociolingüística da RAG desenvolveu a investigación, que se centra na primeira xeración, os nados a comezos do século XXI, que ata a pandemia e a obrigada implementación tecnolóxica masiva, se consideraba a única verdadeiramente dixital.

O coordinador do Seminario de Sociolingüística, Henrique Monteagudo, lembrou que coa investigación “tratábase de ver se ao final da ESO se consegue unha competencia bilingüe equilibrada. No 2009 constatábase un desequilibrio a favor do castelan, que agora mantense e nalgún sentido acentúase”.

De xeito global, a xeración Z ten unha competencia máis alta en castelán ca en galego e aparecen diferenzas relevantes segundo o perfil lingüístico do alumnado, se viven en cidades e vilas ou no rural, e a titularidade do centro en que estudia.

Así, os centros que non son de titularidade pública volven a puntuar baixo nas competencias lingüísticas: arredor dun 55% do alumnado dos cen5ros privados e un 40% dos concertados remata o ensino obrigatorio “cunha aceptable capacidad para expresarse por escrito en castelán pero con problemas para facelo en galego, mentres que nos institutos de titularidade pública esa porcentaxe se reduce a menos da metade”.

O estudo é claro en este punto: “O alumnado dos centros públicos remata a ESO cunhas competencias superiores en galego, incluso as subcompetencias comunicativas orais son máis elevadas no apartado de fonética e gramática”.

A investigación da RAG pon de manifesto que o ensino consegue que os rapaces galegofalantes “sexan máis bilingües”, pero non “que os castelofalantes sexan máis competentes”” no uso do galego, sinalou Henrique Monteagudo.

Este acompañou na mañá deste martes ao presidente da RAG, Victor F. Freixanes, á profesora da USC e coordinadora do grupo de traballo do proxecto, María López Sández, e á deputada provincial de Lingua, María Ortega, na presentación da investigación.

María López Sández incidíu en que son os galegofalantes iniciais e, especialmente dos centros púlicos, os que acadan máis competencias bilingües. A escola está garantindo esas competencias pero incidiu na cesidade de trabajar máis no ensino coa oralidade e, moi especialmente, de promover contextos de uso. “A lingua dirímese no uso, de ahí a importancia de que sexa unha lingua vehicular”, destacou.

Os autores da investigación e a RAG téñeno claro: a política lingüística non está funcionando. Non temos “receitas marabillosas”, suliñou Víctor Freixanes, “pero esto debería obligar a unha reflexión”

decoration

Á vista dos resultados do informe os autores da investigación e a RAG téñeno claro: a política lingüística non está funcionando. Non temos “receitas marabillosas”, suliñou Víctor Freixanes, “pero esto debería obligar a unha reflexión”.

Lembrou que se trata dun estudio científico (“a Academia non emite gratuitamente opinións”, destacou, senón que “reúne datos, investiga, analisa…”) e del se constata que temos “un problema” na perpetuación da lingua entre os máis novos.

Víctor Freixanes coincidíu con López Sande en demandar “espazos de uso” do galego máis alá do ensino. “Onde está o idioma nos medios, no cinmea, nos subtítulos, nas redes sociais, nas proposta de ocio, do lecer, da empresa?” Preguntouse o presidente da RAG, para engadir que eso é “fundamental para que nos máis novos entendan que a lingua non é un adorno, que incluso nos pode comunicar no mundo, porque non temos unha lingua local”.

Compartir el artículo

stats