Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ABE RÁBADE | Pianista e composistor

“Unha situación coma esta volve a situar á vida no centro, esíxenos ser humanistas”

O premiado instrumentista presenta o seu novo disco, “Sorte”

O pianista e compositor Abe Rábade. | // Afonso Sestelo

O Seminario Permanente de Jazz (SPJ) de Pontevedra festexa duas décadas de fecunda actividade. “Lástima que non o podemos celebrar”, sinala Abe Rábade, un dos seus fundadores, “é dos tres centros nos que imparto clases co que máis me identifico, porque non poño notas; esa cuantificación do coñecemento remíteme ao espíritu productivista” do que -confía- estamos empezando a fuxir.

–Presenta o seu novo disco, "Sorte". O título relacionase con que é o álbum número 14?

–Ten que ver con varias cousas. Realmente o título estaba decidido cando este disco ía ser o número 13, pero na vida chamámoslle sorte non sabemos moi ben a que, penso que é á propia vida, ao que ela nos pon por diante. E este disco desde o comezo foi verdadeiramente novedoso, na súa xénese, na xestación das pezas que o componen. De feito é o primeiro disco meu que é enteiro con música orixinal.

–Como compuxo estas pezas?

–Foi no 2018 e viñeronme un xeito todo, nun prazo de duas ou tres semanas. A composición, o embrión dunha composición, ven cando lle pega, non é algo que no que ti podas mandar, senón que é un factor de sorte. E por sorte, por azar puro e duro, nesas duas semanas viñeron unha chea de embrións compositivos fora do normal. Retrospectivamente foi a única etapa da miña vida na que me pasou eso, a borbotóns: veñenche ideas, non tes tempo para pasalas a limpo, tes que grabalas, ou escribir bocetos… Foi moi tolo ese proceso.

Chamámoslle sorte non sabemos moi ben a que, penso que é á propia vida

decoration

–E decidiu facer o disco

–E que básicamente tivera como vimbios iniciais esas pezas que viñeran dunha maneira tan suertuda, tan azarosa. Foi un proceso por un lado moi tolo, completamente uraniano, que de repente aparece como un trono aquel material sin previo aviso, e resto foi todo o contrario, foi como moi saturniano, de dedicarlle unha chea de tempo.

–Porque nunca pasara tanto tempo ata editar un disco

–Nunca, nunca pasei tanto tempo sin editar un disco desde que editei o primeiro. E foi moi bonito xogar con eses dous tempos. Os gregos tiñan o tempo da tolería, de quererse adiantar ao tempo, de querer innovar, e o tempo da meditación, un tempo progresista e o outro conservador. E penso que este disco ten as duas cousas, a enerxía da toleada de como apareceron estas pezas, e a enerxía da paciencia, da meticulosidade, dos arranxos bonitos, de traballar cos músicos os conceptos… Este disco é o 14 porque durante a pandemia o que máis estudiei foi piano solo, tamén por azar invitaronme a un estudio de Portugal cun piano marabilloso do que estou namorado. Gravei en hora e media material que me gustou e decidín editar un EP en formato dixital. E Sorte é agora o disco 14.

Os cambios e as transformacións son dunha dimensión tal que van necesitar un novo contrato social

decoration

–Se foi diferente o xeito no que se plantexou o disco, moito máis o contexto no que o presenta…

–Uf! Xa che digo. E moita xente que me comenta, guau, que ben que titulaches o disco "Sorte" neste momento tan infausto. E fíxate que o texto que escribín sobre este disco fala desa idea de que falabamos, de que a vida verdadeiramente nos atravesa sin pedirnos permiso, e nos atravesa sen saber de polaridades, negativas ou positivas, atravésanos, o nos acontece, acontece. E despois somos nós os que necesitamos darle sentido a esas cousas que nos ocorren e crear un relato con elas, e neste caso facer música coas cousas que xurden. Pero diría que máis claro, auga: xa ve como nos paralisou a vida todo isto, de tal maneira que cando máis ou menos amaine este temporal e este ano tolo que levamos vivido, os cambios e as transformacións son dunha dimensión tal que van precisar dun novo contrato social.

–Por que temos que pensar nese novo contrato social?

–Porque esto sitúa no centro algo que estaba lonxe de estar no centro. Unha situación como esta volve situar a vida no centro, volvenos forzar a ter unha visión máis humanista das nosas vidas, á forza esíxenos ser máis humanistas porque é unha cuestión de supervivencia, de vida ou morte. E eso pon á economía nun segundo lugar, pon á forza nese segundo lugar cousas que non estaban. E debe de ser do único positivo que trouxo esto, entre tanta negatividade, pero confío en que nos veña a sorte de cara. E eso que no mundo das artes tivemos moito sacrificio que facer, a todos nos suspenderon concertos, todos perdemos moito traballo, pero é evidente que unha emerxencia sanitaria é prioritaria.

–Como esta sendo a experiencia da ensinanza musical nestes tempos de pandemia?

E un momento de provisionalidade, non necesariamente negativo. A música en momentos tan de crise coma estes pódese convertir nun universo en sí mesmo. Un dos mellores profesores que tiven decía que á música chégase pola música, porque a música pode axudarche nun momento no que necesitas sumerxirte nalgo productivo. Ela permíteche esa calma, o que fai que ainda que as clases son improvisadas, porque as clases telemáticas son moi difíciles, e unha vez que superas esas trabas iniciais e atopas unhas conexión educativa con estes medios tan raros, ves que os alumnos estudian más que nunca, porque atopan na música un refuxio, tamén destes tempos.

Compartir el artículo

stats