Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tribuna libre

O Submarino de Marín, a piques de naufraxio

Ricardo García comezou a traballar con 13 anos en Cantodarea, no Bar Chuvia, resistindo tan só tres meses. No Caixón, un establecemento de reparto de ultramarinos e chiquiteo na Calle Real, un lustro e antes de cumprir as abrigas militares, no JI, un restaurante, ainda en pe o lado da fonte de Cantodarea, onde a raia que separa Marin de Pontevedra. Inaugurou o Pub Laxe, na Banda do Río, en terras de Bueu, uns meses antes de ir a cumprir as obrigas militares.

O regresar da marina, entra a traballar no Submarino, unha institución da boa mesa que foi coñecida por outros nomes, Casa Cándido, O Buratiño, Taberna O Burato, O Túnel e finalmente O Submarino.

Dez peldaños de pedra, desgastadas de tanto baixar e subir, despois de poñerse as botas con exquisiteces do mar e da terra, productos que día a día chegan da Praza de Abastos de Marín, mesmo abeira do Restaurante, abastacéndose igualmente dos mercados de Bueu e Pontevedra.

De entrada, entremeses de salpicón de marisco, rape, chipiróns da Ría na súa salsa e mesmo chocos. Os carnívoros non teñen máis que pedir vianda guisada, polo salteado con tomate, lacón con grelos, codillo ou cocido. Nos fins de semana, os callos son recomendados, tendo cretoen toda a Ría, regados con caldos vitivinícolas do Ribeiro, Ribeira Sacra ou os procedentes dos emparrados que se extenden no sur galaico, abeirando a desembocadura do Miño, onde foran bautizados como Terras Gauda.

O local, como se de un camarote se tratara, está decorado coa historia do submarino U 19, así como afiches de músicos que xa forman parte do pasado, aqueles que levaron a través de negras e corcheas de lado a lado de Galicia e norte de Portugal a esencia musical de Marín, baixo os nomes de Raíces, Seixos, Caravana, Chicos del Jazz, Agatha, Senadores, Galaicos, Xarangallo Mangallo ou Jhon Balan.

Algúns dos componentes son asiduos, día a día. Alí podemos atopar a Pesqueira, os Gabrieles, Graña u Barros e de cando en vez a Manolo Pintos, outro vocalista de tantas orquestras entre elas, os Cunters e Panorama nos inicios da afamada formación e igoalmente nas mesas do Submarino o saxofonista, Manolo Quintela, aquel que subirá os escenarios daquí e alen mar co grupo, Os Tamara.

Richi, o propietario presume de haber servido obras saídas dos seus fogons o gaiteiro Carlos Nuñez, o humorista Moncho Borrajo e icónicos de actores de "Botón de Ancla", aqueles que nos anos sesenta se trasladaron o Porto de Marín para rodar a película baseada nas peripecias da Escola Naval Militar. Non lle debería estrañar a ninguén o diploma concedico pola Asociación de Comerciantes da Ría de Marín a Ricado García Garcia, do Restaurante Marisquería "El Submarino" un mérito a "Cociña Tradicional Mariñeira".n Barro e dos fogóns de Valerio, mesmo a beira da Cascada.

Mais, si as circunstancias que nos envolven a uns e outros, continúan moito tempo e posible que o mítico espazo culinario marinense, teña o mesmo final que U19, que da nome o local, afundido ó 10 de setembro de 1944, igual que outras salas de xantares que se espallan polo Morrazo e alem mar.

Compartir el artículo

stats