Nacho Tomás e Ana Montalbán, secretarios técnicos, respectivamente, das redes de Cidades Pola Bicicleta e Cidades que Camiñan,e Uxío Benítez, deputado de Mobilidade e Espazo Público, participarán hoxe no encontro do Club FARO “Ágora, concellos polo espazo público”. Celebrarase no Pazo Provincial a partires das 20 horas e dadas as esixencias ligadas á crise sanitaria o aforo está limitado a 34 persoas. Non se precisa inscripción previa, se ben os interesados poden reservar praza en agora@depo.gal.

Promovida pola Deputación, a rede “Ágora” incentiva aos concellos a realizar políticas de recuperación do espazo público, utilizando mobilidades naturais, alternativas ao vehículo a motor. A idea é multiplicar o espacio adicado á cidadanía con accións de mellora a materializar no horizonte de 2023.

Nestes momentos son xa 45 os municipios adheridos a esta iniciativa da Deputación e no encontro de hoxe haberá oportunidade de debater sobre retos como os de adaptar o actual espazo público dos concellos e xerar novos espazos seguros “sen que iso iplique distanciamento social”, indican os responsables de acción institucional.

A loita contra a violencia viaria, a expulsión dos veciños do seu entorno ou o uso desmedido da mobilidade a motor, coa conseguinte emisión de gases contaminantes, son algúns dos temas que terán cabida no encontro.