A mirada máis cómica da vida e da actualidade loce dende onte na histórica Praza da Chousa, en Combarro, a través de “Ilustrando. As historia do noso día a día”, unha exposición que recolle as mellores viñetas dos humoristas gráficos de FARO, Luis Davila e Gogue. Un percorrido a través dos míticos personaxes do FARO, como Floreano e Dora, que acompañan aos lectores no día a día para tratar de ver a cara máis amable das nosas noticias. Unha exposición organizada por FARO coa colaboración do Concello de Poio que consta de 13 cubos coas ilustracións e que poderá visitarse ata o 11 de xaneiro.

A exposición foi inaugurada onte polo alcalde de Poio, Luciano Sobral, e a concelleira de Cultura, Raquel Rodríguez, coa presencia do subdirector xeral de FARO DE VIGO, Juan Carlos da Silva, e o director comercial, Luís González.

A mostra manterase na praza da Chousa ata o vindeiro 11 de xaneiro

Estaba previsto que a mostra chegara a Poio na pasada primavera, mais a pandemia obrigou a adiar a data. Neste sentido, Sobral lembrou a importancia de que esta exposición chegase ata Combarro. “Agora esperamos que a xente a visite e coñeza as viñetas destes homes, que verdadeiramente son moi interesantes”, sinalou o alcalde agradecendo a FARO que pensara no municipio para esta mostra.

O rexedor fixo referencia á situación actual e á importancia que ten o humor: “Davila e Gogue souberon reflectir ata os momentos máis malos coma estes, sacarlle ese humor para a xente.Ao final temos que seguir mantendo un soriso na cara, porque se non a vida é unha tristeza. Aínda que non poidamos expresala debido á máscara, cos ollos e co soriso na cara sempre se sente”.

Os trece cubos que compoñen a mostra. Gustavo Santos

Viñetas míticas

Ademais, Sobral botou a vista atrás e lembrou algunhas das míticas tiras cómicas dos debuxantes. “Lembro moitas, mais especialmente unha que foi moi aclamada en Poio, o famoso xiro á esquerda dos policías locais. Foi unha viñeta onde Davila soubo reflectir aquela anécdota que no seu día percorreu Galicia e mesmo máis alá. Lembro que ata amigos dende Alemaña chamábanme para comentala”, contou entre risas.

O alcalde de Poio foi más alá e aludíu á historia de Galicia a través da ilustración, de xeito que comparou a estes autores con grandes referentes: “Cousas da vida, era de Castelao, pero Davila tamén pode ser un referente histórico para o futuro”.

“Cousas da vida, era de Castelao, pero Davila tamén pode ser un referente histórico para o futuro”

Luciano Sobral - Alcalde de Poio

Da mesma maneira a concelleria de Cultura, Raquel Rodríguez, quixo encomiar estes debuxos. “A min gustánme moito os personaxes das señoras cos panos, lembranme á miña avoa coas amigas no lavadeiro, onde tramábanse moitas das cousas que acontecían na aldea. Estas viñetas veñen a falar das nosas raíces e a nosa tradición, que sempre están presentes nestos debuxos”, dixo Rodríguez. Neste sentido, engadiu o importante que que é “reflectir as cousas do día a día. As noticias, que moitas veces teñen unha perspectiva negativa, e estes debuxantes sempre as miran con ese toque de humor porque a vida tambén hai que darlle eses toques de alegría, agora máis ca nunca”.

Con todo, a mostra, ao aire libre, é unha oportunidade perfecta para facer unha viaxe polos momentos máis simpáticos, anecdóticos e cotiás dos últimos anos sen saír de Poio.

Viñeta de Luis Davila sobre las polémicas multas a conductores por girar la cabeza.

Unha viaxe pola evolución dos debuxantes

“Ilustrando. As historias do noso día a día” é á vez un libro dos debuxantes de FARO e unha exposición itinerante que xa percorreu moitos dos municipios da nosa provincia. Nela, a través de 13 cubos vese a evolución dos propios artistas nos últimos anos e os seus personaxes. Paco, Moncha, el cura, as galiñas, Floreano, Dora ou Tucho crecen e desenvólvense cada día neste xornal, coándose nas casa dos lectores, a os que fan compaña diariamente. Estas viñetas achegan o humor gráfico, dan outra perspectiva á realidade e poñen o foco en cousas que non adoitamos cuestionar. Usan a nosa cultura e a nosa linguaxe para reivindicar a voz do pobo e son verdadeiramente un diario do que acontece na sociedade a través do humor gráfico. A mostra chega nun momento no que a cultura está a sufrir un dos seus peores momentos e son poucas as iniciativas como esta as que poden facerse proporcionando a máxima seguridade pola pandemia da COVID.