Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

FERNANDO RAMALLO | Coautor da obra “Setenta ideas para a (post) pandemia”

“Todos temos que facer enormes esforzos, agás o capital, que non fai ningún”

“Evidenciouse o cinismo político xeneralizado e o abandono do público polo capitalismo”

Fernando Ramallo, profesor da Universidade de Vigo.

Fernando Ramallo, profesor da Universidade de Vigo. FdV

“Non sei onde está o positivo de todo esto, como non sexa que nos obriga á reflexión”, sinala Fernando Ramallo, coautor de “Setenta ideas para a (post)pandemia”, unha obra coral publicada por Catro Ventos e presentada esta fin de semana en Culturgal na que 7 autores e autoras, dende moi diferentes perspectivas, fan unha análise crítica dos tempos que nos toca vivir. Os autores descoñecían os textos dos demáis e pedíuselles que reflexionasen, sen debate previo, sobre o tema que elexisen.

–O mundo entra nunha nova etapa histórica…

–Aínda que estamos no mesmo modo de produción, que é o que nos fixo reflexionar sobre estas cuestións, aí non hai ruptura; pero si que esta nova fase está determinando e determinará as nosas prácticas, as nosas relacións sociais e moitas outras cousas. Poderiamos dicir que abrimos un tempo novo no modo capitalista de produción e no modo de vida que condiciona.

–Como evolucionará logo o capitalismo?

–Manterase, non vai perder nada, vai seguir medrando, pero perderanse e estanse perdendo dereitos, pérdense liberdades. Tamén se perden posicionamentos críticos fronte a esta fase nova; foméntase a resiliencia fronte ao suxeito autónomo. Por iso posiblemente si que agora estamos nos inicios do século XXI, agora si que se abre unha etapa dentro deso que levabamos xa décadas aguantando…. Os séculos teñen un criterio cronolóxico pero logo outro que determinan os grandes acontecementos, como pode ser no século XX empezar coas guerras ou incluso coa Revolución Rusa. Aquí estaríamos iniciando o século XXI dende o punto de vista dun acontecemento que pode condicionar os próximos lustros e quen sabe se máis tempo.

–Plantexa que non dan solucións, que só plantexan reflexións…

–Efectivamente, solución non damos ningunha, o que facemos os autores e autoras é reflexionar dende unha crítica común, aínda que con posicionamentos distintos despois, sobre algunhas das cuestión que entendemos que se visibilizan de xeito moi evidente neste momento, como a fenda de xénero, a mercantilización da saúde, o cinismo dos líderes políticos (fundamentalmente dos líderes neoliberais, pero non só), as consecuencias da dixitalización e do teletraballo, que son positivas algunhas pero, curiosamente, coa incomunicación como paradoxo. Tamén está o papel dos medios, que é moi importante novamente, os medios como voz do seu amo cumplen moi claramente o seu papel pero tamén sería unha oportunidade para fornecer, dende a perspectiva mediática, a verdade. Tamén a ciencia en entredito ou campos da emotividade, a regresión económica e a súa aceptación: parece que non hai alternativa, en momentos extraordinarios todos, todos temos que facer enormes esforzos, agás o capital, que non fai ningún.

–Vemos máis agora as contradiccións do capitalismo?

–Xurdiron máis agora, poidemos velas no confinamento: as familias en condicións miserables en 40 metros cuadrados, a mercantilización da sanidade, as residencias… Nese momento poidemos velas e reflexionar sobre elas. Nese sentido gustaríame que durase máis o confinamento, obviamente non pola traxedia sanitaria ou o retroceso das liberdades, pero sí para abrir o campo da reflexión, do pensamento da xente, e con elo as posibilidades de transformación e de cambio.

–Tamén tratan o tema das retóricas arredor da verdade

–É que estamos no tempo das fake news, da mentira arredor de moitas cousas, dende a ciencia á sanidade, aos centros de maiores. Aquí hai moitas mensaxes terxiversadas que requiren resituarse, resitualas, identificalas e poñelas, por supostos, cos seus autores ben sinalados. Nestes momentos de praga, de pandemia, nestes momentos mostruosos para a maior parte da población compre traballar fundamentalmente a prol da verdade. E traballar a prol da verdade é traballar pola ciencia de verdade, de xeito riguroso, e non sempre se está facendo así. Hai a idea de que sobre a verdade está a mercantilización da saúde, en vez de traballar a fondo polas persoas, fundamentalmente as máis vulnerables como os maiores, traballase sobre discusión como que vacina é mellor, cal vai chegar antes etc, cando por exemplo debería haber unha única vacina para todos, se realmente cremos nun modo democrático.

–Que positivo sacaremos de todo esto?

–Penso que experiencia, experiencia para evitar as situación de illamento estratéxico que se estableceu para descompoñer o espazo público, que era o espazo dende onde se podían plantexar alternativas ao poder real. Pero aínda necesitamos máis tempo para reflexionar sobre todo isto, e no positivo vería un espazo-tempo novo, que foi o confinamento, no que algunhas persoas que tamén pasaron por experiencias semellantes, deunos para un pesamento diferente, máis directo sobre como intentar superar o momento actual, porque era o primeiro momento no que nos enfrontábamos con tanta evidencia ás contradiccións do capitalismo. Pero fundamental o que vai atopar o lector no libro é unha perspectiva crítica, que visibiliza estas cuestión: ese cinismo xeneralizado no campo político e ese abandono do público por parte do capitalismo, ao que non lle interesa en absoluto nada do público. Todo eso evidenciouse de maneira moi directa, así que non sei onde estaría o positivo de todo esto, eu veríao como un momento de reflexión e se tivera sido máis extenso probablemente se chegaría a outras consecuencias.

Para continuar leyendo, suscríbete al acceso de contenidos web

¿Ya eres suscriptor? Inicia sesión aquí

Y para los que quieren más, nuestras otras opciones de suscripción

Compartir el artículo

stats