A potencia da cultura galega amósase cada ano en Culturgal, que é tamén un dispositivo ao servizo do sector cultural e da sociedade. En caso de emerxencia, cultura, foi o lema da edición número 13, que onte pechou as súas portas en Pontevedra. En tempos de pandemia apostou polas retransmisións ao vivo (as actividades presenciais reducironse ao mínimo polas esixencias sanitarias), e proba da boa recepción son as máis de 9.000 reproduccións nas canles da feira.

Así, a organización avanza que “se ben o obxectivo é recuperar a presenza de stands das empresas culturais e seguir sendo o punto de encontro anual do sector o vindeiro ano”, seguirá traballando no formato de retransmisión “como idóneo para chegar a máis público. Esta edición retransmitida deixou patente que a recepción dos espectáculos e eventos a través dunha pantalla é un ferramenta moi potente para romper barreiras de acceso cultural”.

As miles de reproduccións, engade, “son un estímulo para a organización do evento de cara a seguir medrando a través da vía dixital”.

A idea foi achegar ás casas dos espectadores e lectores máis de 70 actividades culturais nun ambicioso programa de retransmisión que implicou a uns 60 profesionais.

Éstos traballaron no Pazo da Cultura e Teatro Principal. Agás o cinema, todas as ofertas culturais da feira podían verse dende a casa, e as presenciais tiñan cubertas prácticamente todas as entradas. Así, na fin de semana unhas 900 persoas ocuparon as butacas deses dous espazos.

Encontro “Culturgal BD” no Teatro Principal. | // RAFA VÁZQUEZ

O Pazo foi onte escenario da presentación da película “Pontevedra, cuna de Colón… coa súa cor!”, un acto no que participaronJaime Pena, programador do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) e Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais, e que promoveu a Xunta. Ésta aproveitou a celebración de Culturgal para mandar unha mensaxe de esperanza a un sector que emprega a 30.000 profesionais en Galicia.

A administración galega, principal patrocinadora da feira, avanzou que “a cultura se reforzará en 2021 con un 27,4% máis” nos orzamentos do vindeiro ano.

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, explicou que o Plan de Reactivación do sector cultural “xa está executado nun 90%. Trátase dunha folla de ruta “froito do diálogo constante da Xunta cos distintos axentes do sector”, lembran dende a administración autonómica, que se propón salvar o emprego e manter a industria cultural como primeiro obxectivo. Tamén ten como horizonte favorecer que os cidadáns poidan seguir gozando da cultura mediante o impulso da actividade, o fomento da creatividade e a produción cultural o reforzo das estruturas de programación e distribución.

“A posta en marcha do Plan demostra que a Xunta coñece as dificultades polas que atravesan os sectores culturais e este apoio tamén se plasma nos novos orzamentos”, sinalan as mesmas fontes.

O Plan incluiu só no apartado ligado estritamente ao apoio á industria un total de 410 espectáculos de danza, teatro, maxia, música e novo circo en 133 concellos. Tamén incorporou 50 concertos gravados no marco da proposta Galicia Emerxe, que converteu a Cidade da Cultura nun plató de televisión coa participación de artisas e grupos de moi diferentes estilos, entre eles artistas da provincia de Pontevedra como Budiño, Eladio y los Seres Queridos ou Presumido.

Debut da programación da Cidade da Cultura no espacio Foro. | // R. V.

Entre as accións encamiñadas á reactivación do sector na pandemia tamén se incluiu un segundo eixo de medidas para o mantemento do emprego cultural. Neste ámbito figura a modificación da normativa da Rede Galega de Teatros para contribuir á rreprogramación do maior número posible de actuacións en 40 escenarios, ata un total de 493 funcións. O programa tamén contempouo o apoio a produccións audiovisuais como “Ons”, que deu o pistoletazo de saída a esta edición de Culturgal.

Este segundo eixo inclúe, asemade, o Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, que conta cunha dotación de 2,5 millóns e que impulsou algunas das actividades presentes este fin de semana en Culturgal, como a acción escénica “Sofía Unipersonal”, a obra “Chegar a Galicia, chegar ao mundo”, o espectáculo “Ópera Break´s” ou os concertos de Luar na Lubre e Susana Seivane.

Coincidindo con Culturgal, Román Rodríguez presentou o que será o terceiro eixo do plan, centrado na prioridade da Xunta de fomentar o consumo cultural.

Xurxo Souto, Antón Patiño, Fina Casalerrey, Chus Silva, Miguelanxo Prado, Ana Romaní, Antón Reixa ou Suso de Toros foron outros dos autores que onte visitaron a feira as industrias culturais, que tambén serviu de marco para a presentación da programación da Cidade da Cultura.

A Xunta reforzará os orzamentos do sector no 2021 con 94 millóns

No vindeiro 2021 a Xunta reservará máis de 94 millóns de euros para a cultura en Galicia. Sumaranse aos 26,4 destinados específicamente este ano a dar resposta á situación de especial vulnerabilidade derivada da pandemia. Este Plan de Reactivación ten como primeiro eixo o apoio á indsutria e inclúe axudas ao libro, o sector audiovisual, as artes escénicas, as artes plásticas e a música. Englóbase neste campo o programa Cultura no Camiño que, malia pandemia, celebrouo o maior número de funcións desde o seu inicio. O novo eixo de traballo que presentou o conselleiro de Cultura céntrase no destintario final, cunha campaña deseñada por tres empresas de Pontevedra que anima a consumir produtos culturais, especialmente no inminente Nadal. O último dos eixos do Plan incide na necesidade de formación, profesionalización e mellora da competitibidade coa posta en marcha dun servizo de asesoramento e consultyoría en liña e un plan de formación que contempla programas e bolsas culturais.