Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

OPERACIÓN JARO

Joám Peres: "Perséguesenos por disidencia política, o que evidencia o déficit democrático en España"

“As probas contra nós non existen”, lamenta o líder de Causa Galiza, que se enfronta a penas de 12 anos de cadea nun xuízo na Audiencia Nacional con outros 11 imputados

Joám Peres FDV

Escritores, artistas, ensaistas, políticos e activistas sociais e da cultura asinaron o manifesto en defensa dos imputados na “Operación Jaro”, que tras dun complexo proceso xudicial continúa coa imputación de 12 persoas vinculadas aos colectivos Causa Galiza e Ceivar. Un dos acusados é Joán Peres, que ven de sentarse no banquillo da Audiencia Nacional e que impartiu unha conferencia en Pontevedra adicada ao que moitos consideran un intento de criminalización de organizacións políticas incómodas (neste caso as residuais independentistas galegas) mediante a montaxe policial e o recorte de liberdades.

¬A que condeas se enfrontan vostedes?

–Para as 12 persoas que estamos no proceso piden 102 anos de cadea; logo as condeas individualizadas para cada independentista van de 4 a 12 anos, hainas de 4, de 7, de 8… E para catro de nós piden 12 anos de prisión. A maiores imporíannos sancións económicas por valor de 348.000; as persoas que traballamos na administración pública deixaríamos de traballar, todos perderíamos a dereito a opositar a emprego público e tampouco poderíamos ser candidatos en procesos electorais.

–De que os acusan?

–A acusación é enaltecemento do terrorismo e pertenza a unha suposta banda criminal para enaltecer o terrorismo. Enténdese que esas bandas criminais das que fala a Fiscalía da Audiencia Nacional sería Causa Galiza, que é unha organización política que está rexistrada legalmente desde o ano 2007, e o colectivo antirrepresivo Ceivar, que traballa dende o ano 2003 tamén á luz do día e con rexistro legal.

–Como empezou todo?

–Foi o 30 de outubro de 2015, unha operación da Garda Civil, chámase Operación Jaro e tivo dúas edicións, a primeira afectou á organización política Causa Galiza, daquela detiveronnos a 9 persoas, nalgúns casos asaltos armados a domicilios, tumbando portas e entrando a punta de metralleta, encañonando a algún na cabeza, cunha violencia extrema. Noutros foron detencións de camiño ó traballo ou á saída da casa. A segunda operación afecta a Ceivar, un organismo de denuncia da represión política, de solidariedade con independentistas presos e demais, esa é do 21 de xuño de 2017.

–Estas organizacións están acusadas de funcionar como banda unha banda criminal e enaltecer ao terrorismo ¿a qué se adicaban? ¿eran organizacións ocultas?

–Non, non, nada oculto; ao contrario vaia!, de feito todos os actos públicos tanto de Causa Galiza como de Ceivar que implican ocupación da vía pública se comunican á delegación de Goberno correspondente, porque se non convírtense en actos ilegais, e para evitar que podan derivar nunha intervención policial ou sancións económicas, todos os actos públicos que se celebraron ao longo destes 15 anos foron comunicados á Subdelegación do Goberno, autorizados (en canto que non hai resposta: comunicas o acto e se non hai denegación enténdese que se poden celebrar con normalidade); e foron actos que desde 2003 nunca ocasionaron ningún tipo de sancións, de intervención policial nin nada parecido.

–Daquela cales son as probas?

–As probas contra nós non existen, o que existe é un relato da Garda Civil de que supostamente na Galiza existiría unha organización armada cometendo atentados e aplicándonos a teoría esta do entorno nós convertiríamos no entorno desa violencia; e, bueno, establecen incluso unha ligazón orgánica que é absolutamente fantástica e que permite que a organizacións que traballan con luz e taquígrafos, que están rexistradas, que comunican os seus actos e que nunca foron sancionadas por ningún dos actos que convocaron, a día de hoxe se lle faga unha colección de actos públicos nos que supostamente se tería enaltecido o terrorismo, e se enfronte a ese paquete penal que comentabamos.

–O sumario no que os imputan estivo parado varios anos...

–Catro anos parado, non se moveu nin un documento nese tempo. Inicialmente acusaronnos de ser un brazo político dun grupo terrorista, suspenderonnos de actividades 12 meses, ao ano esa organización, Causa Galiza, se lle devolveu o estatus legal. A nós ausousenos de integrar unha organización armada e tamén se nos desimputou, estivemos 4 anos no limbo penal en no 2019 reactivouse a suposta investigación e incluennos a integración nunha suposta banda criminal para apoiar o terrorismo. A esta organización, Causa Galiza, devolveuselle logo o estatus legal e a nós, acusados de estar integrados nunha organización armada, desinputousenos. E no 2019 se reactiva a suposta investigación e incluyen a integración nunha suposta banda para enaltecer o terrorismo, un tipo delictivo que no estado español é moi elástico, serviu para o tema dos tititeriteiros, para os que escribían en Twitter… e que nos volve, con outra tipoloxía delictiva, en que estamos xogando condeas de prisión non menores.

–Os firmantes do manifesto en defensa dos imputados fan fincapé en que a disidencia non é apoiar o terrorismo.

–Toda a nosa actuación política ou de solidariedade frente á represión produciuse dentro da legalidade, sin utilización da violencia en ningún momento. E aquí estásenos perseguindo simplemente por unha cuestión de disidencia política, o que dende a nosa óptica evidencia un profundo déficit democrático no estado español, que non é capaz de admitir existencia da disidencia política e está utilizando á Garda Civil e a un tribunal de excepción para erradicar o que non é máis que unha posición que nun marco de democracia formal podería ser asumido sin problemas.

–Nalgún momento vostedes fixeron accións de enaltecemento?

–Non, nunca fixemos enaltecementos, somos perfectamente conscientes de onde están as liñas vermellas da legalidade. Non é a nosa función enaltecer nin exaltar nada; e en todo caso o que sí se ten producido é denuncias da situación de independentistas presos, da súa dispersión en centros penitenciarios fóra da Galiza, que foi unha práctica ilegal durante anos, agora corrixida. Denunciáronse situacións de isolamento de presos galegos, bueno, denunciáronse situacións penitenciarias. Non se exaltou a utilización dun determinado método de intervención, a violencia neste caso.

–Por que pensa entón que se celebra este proceso?

–Entendemos que é un xuizo 100% político que parte dunha construcción ideolóxica da Garda Civil, que entende que o independentismo é sinónimo de terrorismo e que actúa sobre militantes e organizacións que son públicas coa mesma contundencia que actuaría fronte a unha organización ilegal. A falta de proporcionalidade é absoluta. Non existe ningún feito delictivo evidente, a pesares de que houbo rexistros en domicilios, en locais das organizacións, non se atopou ningún tipo de armamento ou documentación que probase toda esta construcción ideolóxica da Garda Civil. E o que se está perseguindo é unha opción política, minoritaria a día de hoxe na sociedade galega, pero que ten todo o dereito a existir e a defender os seus postula dos, como ven facendo dende fai anos.

Compartir el artículo

stats