Cantarelos, setas dos cabaleiros, cogordos... Os cogomelos teñen fermosos nomes e son uns dos mellores agasallos do outono galego, como tiveron oportunidade de coñecer onte os nenos participantes no obradoiro de Normalización Lingüística que se celebrou no CEIP Parada-Campañó. O micólogo Jaime Bernardo Blanco Dios explicou aos escolares nocións básicas sobre os fungos antes dunha divertida saida para recoller cogomelos.