Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

“O noso monte está ao servizo de intereses alleos”

O catedrático e biólogo propón unha nova xestión forestal e denuncia que se perderon “265.000 hectáreas de cultivos”

Ramón Varela Díaz, onte no Sexto Edificio do Museo. | // RAFA VÁZQUEZ

O Museo acolleu onte da presentación do caderno “Eucaliptos e o forestal arbolado”, do biólogo Ramón Varela Díaz, que estivo acompañado polo alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, e por Lucía Veciño, da Fundación Galicia Sempre. Ésta relanza así a colección de análise “Ideas Impresas”, que invita a iniciar esta xeira entendendo a problemática e os intereses que moven á política forestal galega.

–Que define nestes momentos o mundo forestal galego?

–A pregunta sería, máis que que define, quen define (sorrí), porque o mundo forestal galego está definido dende a óptica da política oficial española e da política da Unión Europea. O noso monte está ao servizo de intereses alleos, e polo tanto deseñado dende unha estratexia de déficit de madeira que hai no estado español e déficit de madeira na UE cando entramos nela no ano 1986, e que se foi correxindo en parte pola entrada de outros países altamente forestais como Suecia, Finlandia ou Austria. Pero ao fin e ao cabo o interese da Política Agraria Común (PAC) é o abandono de terras agrícolas, que non ten sentido en Galicia, pero é a política que aplica a UE.

–Que efectos tivo sobre o rural galego?

–O primeiro efecto é o abandono. Esa política podería ser acertada para Inglaterra, un país que ten moito cultivo polos excentes agrícolas na UE e ao que lle interesa precisamente subvencionar o abandono de terras agrícolas e que se plantara a nivel forestal. E eso é o que se foi conseguido aquí, en Galicia temos un abandono moi importante no rural de terras agrícolas, de superficie agraria útil.

–Canta superficie de cultivo se perdeu en Galicia dende a entrada na UE?

–Dende a entrada no mercado común europeo perderonse 265.000 hectáreas de terreno cultivado, que en boa parte están forestadas.

–Acábase de anunciar un proxecto para recuperar 250.000 hectáreas de cultivos...

–(risas) Sí, agora ven ese proxecto, dos moitos que presentan á Unión Europea, para captar fondos europeos e onde din que queren recuperar 250.000 hectáreas. Pero se as estivemos perdendo! Para que íamos perdelas se agora temos que recuperalas? A Xunta foi fiel aos mandatos da UE e aos do Goberno español; en definitiva, que fixo unha política en Galicia con esas directrices que manaban de distintos sitios, non é unha política autocentrada en Galicia senón imposta desde fóra.

–É probable que mude este escenario?

–Non, intentan seguir profundizando no mesmo erro. É o que trato de aclarar no cuaderno, que nos atopamos nunha situación na que, segundo os criterios científicos, teríamos que ter un 75% ou 78% con prados e cultivos e resulta que temos pouco máis do 20%. Realmente nos atopamos con que se vai a seguir profundizando no de plantar pinos e eucaliptos cando tiñamos outras posibilidades de cultivos e de producción forestais. O bosque autóctono poderíase potenciar no sentido de poñer a producir especies diversas, que poden ser de froito e de madeira, desde cerdeiras a castaños. Temos alternativas aos pinos e eucaliptos.

–Vostede pon en cuestión como se fai a política forestal no conxuto...

–Hai que cuestionala, no sentido de que ten que ter outro aspecto distinto, por exemplo co tema incendios permanentemente ahí. Gastamos todos os galegos cerca de 200 millóns cada ano e sen solución para os incendios. Todo eso, desde o abandono ao incendios, tennos que facer ver que imos por mal camiño e a política forestal tiña que ser distinta.

–Podemos parar as vagas de incendios?

–Hay alternativas para a biomasa dos montes, por exemplo se tiveramos ganado durante o ano, se estivera pacendo ou se se estivera recuperando o que está debaixo das árbores, ademáis de producir carne e produtos de calidade poderíase diminuir con moito as posibilidades de que se extenda o lume. E logo hai outras alternativas, como aproveitar para ganado en liberdade (non esquezamos que Galicia é dos poucos países nos que quedan cabalos en liberdade) e para todo tipo de animais, desde ovellas a cabalos e ganado vacuno, e apostando pola bioversidade, sen ser monocultivos.

Compartir el artículo

stats