"Falamos" comeza a darlle á lingua
A maioría declárase castelán-falantes e preto do 77% dos 171 inscritos son mulleres

Estudantes no campus de Pontevedra. / // R.. Vázquez
Redacción | Pontevedra
Tras rematar a campaña informativa do programa Falamos, con casetas colocadas en varias facultades do campus de Pontevedra, neste momento contabilízanse 171 persoas inscritas. Trátase dunha iniciativa deseñada e posta en marcha pola ConcellarÍa de Normalización Lingüística, que xestiona o concelleiro Alberto Oubiña, e pola área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, co obxectivo de promover o uso do galego como lingua de socialización entre a comunidade universitaria do Campus de Pontevedra.
A través da información achegada no formulario de inscripción polas persoas participantes, o primeiro dato salientable é o relativo ao xénero: 131 mulleres (o 76,6%) e 40 homes (23,4%).
Entre as motivacións que as persoas inscritas indican para participar no programa destaca, maioritariamente, o interese pola lingua e por perfeccionar o galego, e en case todos os casos tamén indican que por defendelo. En canto ao tipo de falantes, a maiorÍa considérase bilingüe (75 persoas), ou castelanfalante (63 persoas), e tan só 31 das persoas inscritas se presenta como galegofalante.
Estudos universitarios
En canto aos estudos universitarios, as persoas inscritas proceden de practicamente todas as carreiras que se imparten no Campus de Pontevedra, aínda que por número destacan as que cursan Audiovisuais e Maxisterio, grao en Educación Infantil ou Primaria.
Aínda que a campaña de información e inscripción a través de postos físicos nas facultades xa rematou, permanece aberta a posibilidade de inscribirse a través desta páxina web. Tamén a través desta páxina, as persoas xa inscritas teñen aberta, neste momento, a posibilidade de solicitar as actividades nas que desexan participar.
Están programados clubs de lectura, cursos de cociña, visionado comentado de filmes na Casa das Campás e a participación no voluntariado lingüístico.
Emparellar
Convén lembrar que o voluntariado lingüístico é unha actividade que consiste en "emparellar" unha persoa que fala galego con fluidez e que o fala habitualmente cunha persoa aprendente que desexa mellorar o seu galego, para que se se reúnan para falar unha hora á semana durante un período de polo menos 10 semanas.
Para poñer en contacto as persoas voluntarias coas persoas aprendentes realizaranse sesións informativas por separado para coñecer os seus gustos e poder distribuír as parellas por afinidades.
Comenzo a finais de outubro
As actividades darán comezo a finais de outubro e terán unha sesión ao mes agás o voluntariado lingüístico que será semanal, e aínda que en principio está previsto que se realicen de xeito presencial, tamén se contempla unha versión online no caso de que sexa preciso activala.
- Capturan en el río Umia una trucha de cuatro kilos y 67 centímetros
- Un menor se salta un control de la Guardia Civil al carecer de carné y acaba accidentado en la A-57 en Vilaboa
- ¿Te gustaría ir al concierto de Jennifer López? En Pontevedra hay entradas para todos los bolsillos
- El Estado admite que Sálvora no es el punto más adecuado para tirar los lodos del Lérez
- Mónica Sobral repite agraciando a sus clientes: «Me encantaría dar un premio de seis o diez millones de euros»
- «La música es una pasión que me evade de la presión del día»
- Inmobilizado un autobús escolar en Pontevedra sin la ITV pasada
- Vuelca un coche en la PO-11 en Pontevedra