A Biblioteca de Marín acolle un concerto literario para descubrir a obra de Calero e Fraguas

Presentación do evento.

Presentación do evento. / // Fdv

Redacción | Marín

A Biblioteca Municipal Vidal Pazos acollerá mañán, sábado, ás 12,00 horas no salón de actos, a actividade musical "Carvalho Calero e Antonio Fraguas: Cantando as nosas letras", dirixido a todo tipo de público, a partir de nenos de 5 anos.

Esta actividade, enmarcada no programa "Ler conta moito" estará protagonizada por Xoán Curiel, que canta a Antonio Fraguas e a Carvalho Calero, facendo un percorrido musical pola obra destes escritores, engadindo experiencias vitais destes autores.

A entrada será libre até completar aforo (30 persoas máximo) e contará con todas as medidas de seguridade e de prevención asociadas á Covid19.

TEMAS

  • Antonio Fraguas
  • coronavirus
  • literatura
  • Público
Tracking Pixel Contents