O Efecto PO2 chegará neste atípico verán ás ludotecas municipais a través da Concellaría de Promoción da cidade, que xestiona Anabel Gulías, en colaboración coa Concellaría de Educación, que dirixe Tino Fernández. Para difundir a marca Efecto PO2 entre a veciñanza e, especialmente, entre os máis cativos e cativas, a Concellaría de Promoción da Cidade pon en marcha dende mañá a actividade "A miña cidade con-sumo responsable".

Impartiranse sete charlas entre o alumnado das ludotecas, que darán comezo hoxe na Xunqueira II, onde se celebrarán dous obradoiros: de 10 a 11.15 horas e de 11.30 a 13.00 horas.