A Corporación municipal de Caldas de Reis celebrou o pasado xover o Pleno ordinario do mes de xuño no que foi aprobado instar á Xunta de Galicia a rematar a parcelaria de Saiar e entregar os títulos correspondentes á veciñanza. O dito proceso foi iniciado hai 24 anos e concluído hai 15, mais os propietarios das parcelas aínda non recibiron os títulos.