| A Biblioteca municipal de Poio celebrou onte o Día de Rosalía co concerto "Cantando os cantares". Truque Matruque foi a agrupación que se encargou de facer un repaso de"Cantares Gallegos", que é, xunto con "Follas Novas", unha das grandes obras da autora. A actividade estaba dirixida a toda a familia e pretendía achegar á veciñanza o legado da nai das letras galegas.