Máis de 130 actividades amosarán a partir de hoxe en Pontevedra o mellor do sector cultural gallego, as novas propostas das editoriais, produtoras, galerías de arte, universidades etc que encherán Culturgal, a Feira as Industrias Culturais que abre as súas portas para recibir a milleiros de visitantes.

Entre eles, Oliver Laxe, Ledicia Costas, Pedro Feijóo, Quico Cadaval, Mabel Rivera ou o grupo Marful, que se xuntará en Culturgal nun espectáculo con Sabela.

Todos os espazos da feira están vendidos (85 estands ocuparán os espazos centrais e 18 o de arte contemporánea) e de novo destaca a intensa programación para nenos, de ahí que a organización convide a estudar horarios e facer cada un seu itinerario, dado que a oferta é en moitos momentos inabarcábel.

O conselleiro de Cultura, a presidenta da Deputación e a concelleira de Cultura de Pontevedra serán hoxe algúns dos convidados á inauguración.