O presidente da comunidade de montes de Salcedocomentou que, a partir de agora, está previsto levar a cabo diversas actividades para dinamizar a contorna e sacar proveito ao "tesouro" que garda o Outeiro das Mouras. Así, proximamente se realizaran distintos obradoiros dirixidos á comunidade escolar nos que se recrearán a arte ruprestre, a música prehistórica, as técnicas de agricultura e os ritos chamánicos daquela época, coa clara finalidade docente de amosar o patrimonio, a historia e as raíces do pobo.

Así mesmo, tamén se avanzou que está proxectado completar a área arqueolóxica coa construción dunha Aula da natureza e un campo de fútbol, de maneira que o parque se convirta nun referente lúdico-social.