O Cantos na Maré atravesa mares
O festival celebra o seu 15 aniversario os días 13,14 e 15 de setembro

José Manuel Rey, Carme da Silva, Uxía, Román Rodríguez, Víctor Belho y Jacobo Sutil. // Rafa Vázquez
á. covelo | Pontevedra
Coa interpretación de Laura Lamontage presentouse a nova edición de Cantos na Maré, que regresa a cidade os días 13,14 y 15 de setembro para celebrar una décimo quinta edición que acollerá a máis de 20 concertos con artistas de oito países e unha ducia de actividades, que terán lugar no Pazo da Cultura, o Teatro Principal, a Praza da Pedreira, o Museo de Pontevedra, A Librería Paz e as rúas de Pontevedra.
Esta cita cultural foi presentada na Praza de Ourense coa participación de Vítor Belho, directo de Nordesía, Uxía, directora artística do festival, Carme da Silva, concelleira de Festas, Román Rodríguez, conselleiro de Cultura e Turismo e José Manuel Rey, director do Museo de Pontevedra.

O Cantos na Maré atravesa mares
Os dous grandes concertos do Pazo serán protagonizados pola caboverdiana Mayra Andradre, o sábado 14, abanderada del pop tropical, que ven de lanzar o seu quinto álbum, "Manga" en criollo é en portugués. As encargadas de pechar o festival o domingo 15 serán Enredadas, o proxecto que aúna o jazz flamenco de Martirio, a voz atlántica de Uxía, a forza de Carmen París e a orixinalidade poética de Ugia Pedreira ao que se unirán a outras voces da lusofonía.
O espazo do Teatro Principal acollerá o domingo dúas propostas ligadas ao jazz, a Maria Joao acompañada de Pablo Lapidusas, unha prestixiosa cantora no mundo do jazz, coñecida pola súa flexiblidade vocal e a sua capacidade para improvisar, Tamén estará a catalana Clara Peya, pianista y compositora, considerada unha das creadoras máis orixinais e únicas na escena penínsular e cuxa obra está entre a música de cámara, o jazz, a electrónica e a gravidade o piano.
Outros dos espazos é en pleno Casco Vello, na Praza da Pedreira, onde se poderán gozar as propostas máis arriscadas e urbanas dixidas a un público máis novo: desde Brasil Bia Ferreira, Brasil Dub e NaPalma. Mohammed Yahya e Assa Matusse dessa Mozambique y desde Galcia Laura Lamontage, As Cantigas de Elena, Cantos de Taberna, Zeltia Irevira, Coro da Marinha, Do Fondo da Barra y dj Mil.
O Museo de Pontevedra acollerá un ano máis actividades de balde como a narración oral con Vero Rilo e Faia Díaz, un concerto familiar con Magín Blanco, o roteiro do Meso e concerto con Brais González, a performance "Melancoholemia" de Antón Reixa e dous filmes do ciclo "Cinemaré".
Na Libraría Paz terá lugar as presentacións de Xurxo Souto e de Pepe Cunha xunto coa cantora Guadi Galego.Ademáis de moitas sorpresas que se irán desvelando ó longo da semana nun festival que destaca pola presenza feminista e o uso da lingua e da música como ponte de unión entre Galicia e o resto do mundo.
As entradas e abonos para os concertos xa están á venda en Eventbrite/Ticketea.
- «No podemos vivir el uno sin el otro», afirmaba Marisol, la víctima de Campo Lameiro
- Un hogar pontevedrés tan longevo que ya suma 268 años
- El pontevedrés atrapado en Teherán: «Estoy solo en un hotel de 6 plantas»
- Muere el médico jubilado Isidro Caballería Palau, exconcejal en Pontevedra y expresidente del Puerto de Marín
- La N-554, alternativa gratuita a la AP-9, elevó su uso un 53% desde el fin del peaje de Rande
- La Guardia Civil hizo 150 intervenciones con la mujer fallecida en Campo Lameiro
- El pontevedrés Foni Díaz pide a las autoridades «una solución» tras cuatro días atrapado en Irán
- «A Lanzada fue el sitio de curanderismo más potente de toda Galicia»