A praza da Ferrería será mañá o escenario da homenaxe ao gaiteiro e musicólogo Perfecto Feijoo a cargo dos Coros Galegos, organizada polo Consello da Cultura Galega, coa colaboración da Concellería de Cultura de Pontevedra.

A cita comezará ás 13.00 horas e nela participarán Cantigas e Agarimos de Compostela, Coral de ruada de Ourense, Cantigas da Terra da Coruña, Real Coro Toxos e Frores de Ferrol. Con esta iniciativa preténdese conmemorar a homenaxe feita fai 100 anos a Perfecto Feijoo, fundador do desaparecido coro Aires da Terra, de Pontevedra. O vídeo "Perfecto Feijóo e o Rexurdimento da emoción pola Terra", realizado polo arquiveiro de Cantigas da Terra, Moncho do Orzán, no ano 2009, conmemorou os 90 anos daquela grande homenaxe a Perfecto Feijoo, celebrada o 31 de agosto de 1919 en Pontevedra.

Tras finalizar os seus estudos en Santiago, Feijoo retornou en 1880 a Pontevedra e instalou a súa farmacia na plaza da Peregrina; non só era un dispensario de medicamentos, senón que moi cedo transformouse nun centro de actividade social, nun punto de converxencia no cal se reunían en tertulia no banco de pedra exterior numerosas personalidades tanto da política, como Eugenio Montero Ríos, Pablo Iglesias, Diego Pazos Espés e Práxedes Mateo Sagasta, como do mundo das artes e das letras, como Ramón María del Valle Inclán, Emilia Pardo Bazán e Miguel de Unamuno.

Fervente admirador de todas as manifestacións culturais, pero moi particularmente da música tradicional galega, en 1883 propón a un grupo deses amigos conformar o que resultará o primeiro coro de Galicia, con voces e instrumentos tradicionais, gaita, pandero, cornas, triángulos e pandeiretas. Así, integráronse coñecidas personaxes da vida pontevedresa, como Víctor Cervera-Mercadillo, Víctor Said Armesto, Carlos Gastañaduy, y Leoncio Feijóo.