Poio recibiu un ano máis o Día de Galicia con unha xornada previa na que non faltou a música, coloquios e a xa tradicional entrega de bandeiras galegas entre os veciños. Nesta ocasión, foi o parque de Ferreirós o escenario elexido para celebrar o Día da Matria, que naceu co obxectivo de reivindicar o signos de identidade de Galicia ao tempo que se visibiliza o papel da muller nesta terra.

Os actos arrancaron co espectáculo infantil a cargo de Peter Punk, ao que lle seguiu un acto institucional no que interviron a concelleira Marga Caldas, Mini Rivas, e o alcalde, Luciano Sobral. Despois procedeuse á entrega de bandeiras, finalizando o encontro un concerto a cargo do cuarteto De Vacas coas suas canción reivindicativas en galego.