| Con un percorrido pola costa de Raxó, preto de 250 nenos e maiores participaron onte na Carreira pola Lingua que se repetiu una ano máis polo Día das Letras Galegas para reivindicar a importancia do uso da nosa fala como lingua vehicular e achegarse sobre todo ás crianzas e aos máis mozos. Ademáis da carreira e dentro dos actos conmemorativos, a Biblioteca Municipal conta cun punto de interese con obras sobre Antonio Fraguas, o escritor homenaxeado nesta edición do Día das Letras Galegas. Ademáis, o peirao de Raxó acolleu exhibicións de Celograffiti y de Rap Galego con Vella Escola, así como un faladoiro sobre lingua e mocidade. O acto pechou coa entrega de premios do Concurso Literario Xaime Illa que tivo como gañadores a Jaime Barreiros, Alberto Trillo, Adrián Besada, Silvia Vila, Sohna Faye, Angelina Jacquelina, Laura Casalderrey, Claudia Siereiro, Noa Viñas, Sofía Míguez e Silvia Villaverde.