O candidato á Alcaldía, Miguel Anxo Fernández Lores mantivo un encontro coas empresas do sector creativo da cidade para presentarlles as novidades que a súa proposta de goberno ten para este importante eido industrial da cidade. Estivo acompañado da número dous e actual concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, e outros membros da candidatura.

O alcalde centrou a súa intervención en que a economía creativa "é un concepto novedoso, perfectamente definido pola Unesco, que fala de bens e servizos que teñen que ver con actividades culturais, investigación, desenvolvemento? e contempla manifestacións como software, arquitectura, videoxogos, gastronomía, moda?".

Dende hai catro anos o Concello aposta pola economía creativa "porque é a tendencia municipal de cidades 4.0" e porque casa perfectamente co enfoque que a Universidade de Vigo lle ten dado ao campus de Pontevedra, "Campus Crea" de aí as colaboracións coa institución académica, e tamén co movemento empresarial e emprendedor que hai na cidade, no marco do cal se teñen posto en marcha proxectos como "Pontevedra é un puntazo" no que xa hai máis de 100 empresas inscritas "que se reúnen, falan, se dan a coñecer entre elas?".Están neste marco da industria creativa empresas pontevedresas de distintos eidos como Kalandraka, OCO, Arnoia, Thunderslove, Qbitia, Global retail, Hifas da terra, Xeometrica, Iconweb, o Garaxe Hermético, entre outras