As salas do Museo Municipal Manuel Torres acollen unha mostra baixo o lema "Entre brumas nacen ríos de arte" de tres artistas plásticas, Mari Luz González Outerelo, Patricia Vilas Fernández e Pilar González Bouzas. A mostra está integrada por tres estilos diferentes de plasmar nos lenzos as súas visións artísticas, onde predomina o figurativo, que vai desde o hiperrealismo coas obras de Patricia Vilas, as paisaxes de Pilar González Bouza, ou as temáticas de bodegóns, a figura e as paixases de Mari Luz González Outerelo.