Camilo Nogueira presenta o ensaio "Unha nación no mundo. A razón resistente"
Mañá ás 20 horas na Casa das Campás nun acto no que tamén participará Manuel Bragado
Pontevedra
O histórico dirixente do nacionalismo galego Camilo Nogueira presentará mañá en Pontevedra o seu novo ensaio, "Unha nación no mundo. A razón resistente (1480-2010)". O acto celebrarase na Casa as Campás a partires das 20 e acompañará ao autor o editor e mestre Manuel Bragado.
O Ateneo de Pontevedra, organizador da presentación avanza que o ensaio principia co tempo anterior a 1810, ano en que se produce a liberación da sociedade das tropas napoleónicas e que ocupa a primeira parte da obra, titulada "Galiza no Absolutismo".
A segunda, "A nación política contemporánea", céntrase no acontecido entre 1810 e 2010. Para o autor, "malia ter padecido no Antigo Réxime unha dominación perversa", suliñan dende o Ateneo", Galiza mantivo os seus recursos vitais e a personalidade diferenciada".
Proba delo é que á altura de 1800 contaba coa capacidade precisa para participar nas transformacións da Revolución Industrial. Era o país máis populoso entre os da Península e das Illas.
"No tempo contemporáneo o Estado español negou a identidade histórica e cultural do país; eliminou a Xunta do Reino; forzou unha emigración dramática e marxinou as actividades económicas do país, provocando unha gravísima caída demográfica".
Malia todo, engaden, manifestando a "fortaleza dunha sociedade asaltada", en canto caeu a ditadura franquista e participou na UE, a sociedade galega respirou. "Pendente a superación do grave problema demográfico, conta cunha economía desenvolvida e particularmente exportadora. Nación pola historia, o vigor económico e social e a extensión universal da lingua propia, partillada con múltiples países, é quen de asumir o autogoberno como nación".
- Consulta las notas de la PAU 2025 en Pontevedra
- Abel Losada: «No se puede proteger a quien no está dispuesto a que le protejan»
- Investigan por seis agresiones sexuales a menores a un joven monitor de la piscina de Marín
- Prisión sin fianza para un sexto implicado en la pelea de Barcelos
- Sufre la amputación parcial de una mano por la hélice de un parapente tras aterrizar en Poio
- El ADN confirma que los cuerpos calcinados en Campo Lameiro son los de la pareja desaparecida en Moraña
- El alcalde de Moraña, sobre los fallecidos en Campo Lameiro: «Trasladamos el pesar a la familia en estos momentos difíciles»
- Moraña declara luto oficial exactamente igual por ambos muertos de Campo Lameiro pese al historial violento de él