Para nenos de 0 a 105 anos

O Salón do Libro busca abrirse a novos espazos da cidade pero, especialmente, ao público adulto, para o que programa alternativas coma o Congreso Internacional de Mediación Lectora

Participantes na sesión de contos con Paula Carballeira e Benita Prieto, convidada dende Brasil. // Rafa Vázquez

Participantes na sesión de contos con Paula Carballeira e Benita Prieto, convidada dende Brasil. // Rafa Vázquez

Pontevedra

Ó cumplir 20 anos o Salón do LIbro quere abrirse a toda a cidade e, moi especialmente, a todos os públicos, máis aló dos seus destinatarios esenciais, os máis novos da casa ou, cando moito, o público familiar que os acompaña. "Cada vez temos un público máis diverso", indica Eva Mejuto, directora do Salón, con novas necesidades, inquedanzas e intereses vinculados ó libro.

Neste 2019 o Salón supera as 300 actividades en 3 semanas, un récord repartido en teatro, encontros cos lectores, contacontos, recitais, presentacións, obradoiros (de debuxo, ilustración, gastronómicos...), amais de exposicións ou múltiples recunchos lectores.

"É efectivamente un Salón Infantil e Xuvenil, pero eso tamén significa implicar a toda a cidade, todas as idades", engade Mejuto.

Así, co extenso programa fortemente vinculado ó ocio, cuidado e á formación dos cativos, tamén están programadas citas profesionais coma o Congreso Internacional de Mediación Lectora, convocado polo Concello de Pontevedra, a Universidade de Vigo, a rede temática de investigación Las literaturas infantiles y juveniles del marco Ibérico e Ibeoamericano, e o Instituto de Ciencias da Educación da USC.

O simposio principiará o vindeiro mércores, día 27, e nel daranse cita profesionais do ensino, bibliotecarios, documentalistas, escritores, xornalistas, ilustradores etc, un amplo abano de axentes que interveñen no proceso de facilitar material de lectura ou una experiencia de lectura a outro, sexa ou non lector.

Entre os autores que impartirán obradoiros, Volnei Canoniga de Brasil, o de Escolas lectoras; Susana Aliano de Uruguay, o de Abordaxe literaria sobre o acoso escolar e de xénero; Bru Junça, de Portugal, o de Libros de pano, tecidos que contan; Zetho Gonçalves, de Angola, ó frente de Ler e sentir a poesía e convidado a pronunciar o vindeiro día 30 a conferencia de peche, titulada Ser sábio nâo custa trabalho.

En paralelo a estes obradoiros que encabezarán convidados de países da lusofonía, Latinoamérica e da Península, tamén recitais e encontros con expertos en lectura dixital e novos soportes, caso de Lucas Ramada, da Universitat Autònoma de Barcelona, o escritor e director da editorial Galaxia Francisco Castro, a Premio Nacional de Ilustración de Portugal Ana Biscaia, ou o Andersen de Ilustración Roger Melo, de Brasil.

En xeral o que máis pode sorprender deste ano, segundo a directora do Salón, "é que temos actividades por todos lados, que está toda a cidade implicada, temos roteiros polas librerías, roteiros por Pontevedra, contos con cócteles...".

Un exemplo de esa aposta por novos públicos foron os Contos con Cachaça que se celebraron onte no Campillo, una sesión de contacontos para os adultos a cargo da convidada brasileira Benita Prieto. Para acompañar as historias, cócteles e petiscos do país carioca.

Outro exemplo son as masterclass de Ilustración que impartirán hoxe os ilustradores brasileiros André Neves e Roger Mello na Facultade de Belas Artes, sesións pensadas para o alumnado do Mestrado de Ilustración e Animación Audiovisual.

Polo demais, o Salón volverá a desplegar hoxe una chega de alternativas para nenos e adolescentes, percorridos lúdicos para os pequenos, encontros cos lectores para os de Secundaria ou Bacharelato e a estrea de Mai Mai.

Será a estrea para escolares en horario de mañá, porque o debut real da nova obra da compañía Baobab Teatro foi onte no auditorio do Pazo, una sesión para disfrutar desta historia dunha xornalista e un fotógrafo que fan "una viaxe fantástica e chea de sorpresas e emocións na procura do último oso panda do planeta"...

Suscríbete para seguir leyendo

TEMAS

  • acoso escolar
  • Brasil
  • Concello de Pontevedra
  • teatro
Tracking Pixel Contents