Principia a revolución lectora
O XX Salón do Libro propón a partir de hoxe máis de 300 actividades espalladas pola cidade

Unha familia na mostra de ilustradores portugueses que onte abriu as súas portas no Edificio Sarmiento do Museo. // Rafa Vázquez
Pontevedra
A Revolución é o tema do Salón do Libro, que cumple 20 anos pletórico e convencido de que compre unha revolución. Compre porque delas "moitas veces salen cousas interesantes", como lembrou a concelleira de Cultura, Carme Fouces, ou porque precisamos mudar "e que os nenos sexan partícipes do cambio social" , sinalou o deputado provincial de Cultura, Xosé Leal, ou porque convén "celebrar a liberdade dos creadores", pensa Mafalda Milhões.
Ésta é a comisaria da mostra MOTIM. Movimento de ilustração Portuguesa que abriu onte as súas portas no Edificio Sarmiento como limiar do que será, esta mañá, a apertura oficial do Salón do Libro. A exposición reúne obras de 38 dos máis recoñecidos ilustradores de Portugal, entre eles varios autores galardoados co Premio de Ilustración Nacional e que participarán en actividades no Salón.
Mafalda Milhões acompañou a Carme Fouces e a Xosé Leal na apertura da mostra e incidiu en que MOTIM naceu "como manifesto, e o manifesto acontece para desordenar, revolucionar e mudar de sitio o que aparentemente estaba ben". Lembrou, asemade, que un creador é "un revolucionario activo".
Convidou a gozar dos pequenos detalles, achádegos como os 20 paxaros que hai espallados na exposición, antes de precisar que "o que nos moveu non era ter ilustracións sobre a revolución, pero celebrar abril en Pontevedra, estar en abril aquí, é xa un privilexio".
O antifrión, Xosé Leal, expresou a súa satisfacción pola aposta pola ilustración, "un arte que está en auxe agora, ligado a moitas disciplinas artísticas", e polo achegamento a Portugal "esa cultura da que tanto bebemos os galegos, máxime cun tema coma o da revolución". Pola súa banda, a concelleira de Cultura gabou o emplazamento da mostra ao lembrar que o Museo "é un lugar de cultura, de referencia para o que significa o noso país e a nosa cultura", que se encherá nos vindeiros días coas visitas dos máis novos de Galicia, as súas familias e os seus mestres. Asemade, fixo votos porque o Salón do Libro cumpla outros "20 anos máis".
Os artistas representados na mostra son Abigail Ascenso, Afonso Cruza, Ana Biscaia, Ana Sofia Gonçalves, Anabela Dias, André da Loba, André Letria, António Jorge Gonçalves, Bernardo Carvalho, Carla Nazareth, Catarina Sobral, Cátia Vidinhas, Danuta Wojciechowska, Evelina Oliveira, Fátima Afonso, Fatinha Ramos, Fedra Santos, Gémeo Luis, Gonçalo Viana, Helder Teixeira, Helena Zália, Joana Rosa Bragança, João Fazenda, João Vaz de Carvalho, Madalena Matoso, Madalena Moniz, Mafalda Milhões, Manuela Bacelar, Margarida Botelho, Marina Palácio, Marta Madureira, Marta Torrão, Rachel Caeano, Sebastião Peixoto, Susa Monteiro, Teresa Cortez, Teresa Lima e Yara Kono.
Eles propoñen unha fiesta á imaxinación na que aparecen baleas, paxaros, arañas, astros ou barcos que nas súas redes pescan estrelas.
Tras deste limiar no Edificio Sarmiento, o Salón abrirá oficialmente as súas portas hoxe na que é a súa sede principal, o Pazo da Cultura.Será a partires das 12 horas co concerto titulado Paseniño, paseniño, que reunirá performance, música e contos "para celebrar estes vinte anos de revolución lectora e render homenaxe á lusofonía e á poesía de Antonio García Teijeiro", suliña a organización.
Participarán no espectáculo o Quinteto de Metais do Conservatorio de Pontevedra, o coro do IES da Xunqueira I, Nee Barros, Pavís Pavós e Raquel Queizás baixo a dirección de Marcelo DoBode.
Ademáis do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, a concelleira de Cultura, está previsto que asistan ó encontro o agregado cultural da embaixada de Brasil Marcelo Hasunuma, Antonio García Teijeiro, e ilustradores e contadores de Brasil.
Cara as 13 horas abriranse as portas do Salón e ás 13:30 comezarán os Contos Revolucionarios da man de Raquel Queizás e Benita Prieto (Brasil).
En adiante, sucederanse máis de 300 actividades espalladas por distintos puntos da cidade, caso da Biblioteca Pública, as librarías ou establecementos de hostelería que prepararán pratos basados nas tradicións culintarias da Lusofía, a convidada nesta edición do Salón.
- Abel Losada: «No se puede proteger a quien no está dispuesto a que le protejan»
- Prisión sin fianza para un sexto implicado en la pelea de Barcelos
- Sufre la amputación parcial de una mano por la hélice de un parapente tras aterrizar en Poio
- El ADN confirma que los cuerpos calcinados en Campo Lameiro son los de la pareja desaparecida en Moraña
- Investigan a un monitor de la piscina de Marín por supuesta agresión sexual a dos niñas menores
- «En diez días la unidad multinacional está desplegada lista para actuar»
- Las fiestas de San Xoán reunirán en seis días a ocho de las mejores orquestas de Galicia
- El alcalde de Moraña, sobre los fallecidos en Campo Lameiro: «Trasladamos el pesar a la familia en estos momentos difíciles»