A entrega do Premio 8 de Marzo foi tamén unha oportunidade para visibilizar a necesidade da igualdade real especialmente nun ano de "retrocesos dos dereitos e reivindicacións laborais", lembrou a secretaria de Igualdade de UXT, Mónica Rodríguez.

Co secretario comarcal e a secretaria comarcal de Igualdade de UXT Ramón Vidal e Encarnación Cochón, Mónica Rodríguez foi a encargada de facer entrega do galardón a Lola Ramos, e incidiu na importancia de "visibilizar a necesidade da igualdade... Como sindicalistas temos a responsabiliade de seguir traballando para avanzar a través da negociación colectiva".

Emocionada, a homenaxeada asegurou que "non son moi de medallas" e que os sindicalistas están mais acostumados "a que nos den paus". Mostrouse "encantada" e agradecida a UXT, da que nunca recibiu unha negativa "nin en recursos humanos, económicos ou medios legais". Así, avanzou que seguirá no sindicato "ata que non poda máis e na empresa ata que me xubile, ao mellor necesito un descanso tamén".