| Dentro da Axenda Cultural organizada polo BNG de Marín, o pasado domingo tivo lugar na Praza da Veiguiña un recital poético adicado á mellor escritora galega de todos os tempos, Rosalía de Castro. Numerosos asistentes se animaron a ler os versos da xenial poeta, nun acto que contou con nenos e nenas que colaboraron recitando poemas. Por outra banda, o venres 15 de marzo o BNG presentará o seu modelo de xestión municipal. Será na biblioteca ás 20.30 horas.