"As matinés" do Principal regresan por tercer ano consecutivo para ofrecer música ao vivo para compartir en familia fora dos tópicos do formato habitual das programacións matinais, dirixidas ao público fundamentalmente infantil.

Seguindo a tradición marcada das dúas edicións anteriores, a variedade musical das Matinés do Principal ofrece a oportunidade de escoitar e ver no Teatro Principal de Pontevedra a artistas contrastadas. Esta terceira edición arrancará o 30 de marzo co conceto de Sés e estará seguido o 27 de abril pola actuación de Morgan. Concluirá o 19 de outubro coa banda McEnroe.

Todos os concertos programados comenzarán ás 12.30 hogras do mediodía, nun horario asequible tanto para grupos familiares como para o público cada vez máis numeroso que reclama unha oferta de ocio diurno con personalidade e calidade.

A nova edición do ciclo foi presentada pola concelleira de Cultura, Carmen Fouces e máis polo responsable da programación, Carlos Montilla, que insistiu en que este formato busca facilitar ás familias o consumo de productos culturais fora do horario habitual.

A venta de entradas comezou onte cun abono para os tres concertos ao prezo de 45 euros, cun desconto do 50% para os menores de 14 anos. Tamén se poden adquirir as entradas de xeito individual.

A primeira en actuar será Sés que presentará en Pontevedra o seu último traballo a "rabia ao silencio", composto por unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor, todas elas ligadas a un pobo do que manaron e ao que nutriron.

Morgan, pola súa parte, presentará en Pontevedra o seu disco "Air", que sen dúbida marcou un antes e un despois na carreira desta banda, unha das voces máis persoais do panorama nacional.

McEnroe é un grupo vasco difícil de encasillar que presentará na cidade o álbum que editarán este ano.