| O Concello de Poio e a editorial Toxosoutos presentaron na Casa Museo de Colón o libro "Portosanto" de Rodrigo Costoya Santos (Torrelavega, 1977). Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, é profesor de Educación Física no ensino público dende 2000. Tras varias publicacións técnicas no ámbito da actividade físico deportiva, iníciase na narrativa con "Portosanto", con reflexos nese lugar de Poio, que é a súa primeira novela que combina ficción cun marco histórico real.