O antropólogo Rafael Quintía e a Asociación Monte Pituco recibiron este sábado o recoñecemento da asociación Queremos Galego de Marín, que lles outorgou os Premios Lingua de Ouro do curso 2016-2017. O acto tivo lugar na área recreativa do Monte Pornedo e a outra cara da moeda estivo protagonizada polo Concello de Marín, que recibíu a dubidosa honra de ser premiado co Premio Lingua de Trapo que tamén reparte todos os anos este colectivo.