As Letras Galegas, con actos "variados e reinvindicativos"
A carreira popular, o concurso literario, conferencias ou concertos, entre a oferta

Agulla, Salgueiro e Caldas, cos diferentes materiais sobre as Letras Galegas. // Gustavo Santos
xurxo g.g. | Poio
"Debería ser Día das Letras Galegas os 365 días do ano, non só o 17 de maio". Con esa reivindicación presentou o Concello de Poio o amplo programa con motivo da festividade do idioma autonómico, que se celebra mañán, pero abarca actividades durante un mes que o Consistorio deu en chamar "o da lingua".
Con motivo do día festivo, mañá terán lugar os actos centrais dun programa "amplio e reinvindicativo", como o definiron as concelleiras de Cultura e Deporte, Lidia Salgueiro e Marga Caldas, e o representante da Sociedade Cultural e Deportiva Raxó, Xaquín Agulla.
A partires das 11 horas, o Peirao de Raxó acollerá a Carreira Popular pola Lingua, na que haberá unha varias probas para os pequenos de entre 3 e 18 anos e outra para os maiores de idade, debido ó ben que funcionou esta novidade o ano pasado.
Os tres primeiros clasificados de cada categoría gañarán un trofeo e un lote de libros, aínda que Marga Caldas recalcou que haberá agasallos en forma de libros para todos os participantes porque, como asegurou Caldas, "se trata de promocionar a lingua e lograr unha igualdade no seu uso". "Na derradeira edición superamos os 100 corredores. Agardamos chegar ás mesmas cifras este ano", expresou a concelleira de Deportes.
Xa pola tarde, a partires das 17:30 horas no Salón de Actos do Centro Cultural Xaime Illa de Raxó, comezará un acto conmemorativo no que se entregarán os premios ós elixidos coma mellores relatos da 25ª edición do Concurso Literario Xaime Illa. Como novidade, o Concello promoverá un servizo lúdico de atención á infancia co obxectivo de favorecer a habitual presencia de familias no evento e evitar que os nenos se cansen na gala. Este servizo para os rapaces comezará ás 17 horas, ofrecerá e terá unha capacidade para 20 xóvenes.
A gala será inaugurada pola escritora e xornalista Montse Fajardo, que presentou hai pouco o seu novo libro, "Un cesto de mazás", no que fala da historia de varias mulleres familiares dos represaliados na Guerra Civil. "Queríamos ter un discurso reivindicativo e por iso a escollimos a ela, que ademais de escritora é xornalista", explicou Salgueiro.
25 anos
Posteriormente terá lugar a entrega de premios do concurso literario Xaime Illa. "Cumprimos 25 anos dun evento que naceu con modestia e coa axuda do propio Xaime Illa. Agora vai acadando unha dimensión importante, como demostran os 106 participantes desta edición", manifestou Agulla, quen recalcou a necesidade de promover este tipo de actos desde a política debido ó "desdén xeral" que existe entre as institucións por "promover o galego, algo que é unha obriga para eles".
Para rematar a gala, o pianista arxentino Juan Carlos Camba interpretará poemas de Rosalía de Castro musicalizados e a Escola de Música Tradicional interpretará o himno galego.
Xa de cara ós vindeiros días, celebrarase o Poio Escena (venres 19), outra edición de Cóntame un Conto (domingo 28) e unha representación da Galiña Azul (luns 29). Ademais, a exposición "Xaime Isla. Raíz e utopía de Galicia" , con carácter permanente, se pode visitar desde o 2 de maio no Centro Cultural homónimo.
- El primer tramo de la A-57 apenas recibe 2.400 vehículos diarios
- La protectora de animales de Poio pide «ayuda urgente» para Pincho y Miki
- Un coche queda volcado en la calzada en Sanxenxo tras colisionar con otro aparcado
- La vinculación de la fiscal Marta Durántez con Pontevedra
- El plan de usos de Tambo, paralizado tres años después de la cesión de la isla a Poio
- Trabajadores de Quironsalud denuncian el despido de 9 personas y el cierre de la UCI
- El Pazo de Lourizán será «un referente cultural, un espacio para mil eventos»
- Polémica por la orden de Portos de Galicia de que se cierre la Sala Zennet