A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inclúe no calendario anual a celebración do Día da Ilustración en Galicia, coincidindo coa data de nacemento de Castelao (en relación a unha das facetas deste importante persoeiro da historia e da cultura galega). A celebración será o día 30 de maio.

Con tal motivo, o Aula CeMIT do Concello de Marín, ubicada na biblioteca municipal, organiza unha charla divulgativa titulada "Castelao. A Composición e a temática nas súas obras", na que se combinarán a parte audiovisual e a parte explicativa.

A charla correrá a cargo de José Manuel Castaño, que foi durante anos o responsable do Gabinete Didáctico do Museo de Pontevedra e na actualidade é o Coordinador de Difusión e Contidos Divulgativos. Foi, xunto con Ángeles Tilve, comisario da exposición "Meu Pontevedra! Castelao 1916-1936" coa que se conmemorou en 2016 o centenario da chegada do artista á cidade do Lérez

Aforo limitado

Esta charla organizada co gallo do Día da Ilustración en Galicia celebrarase o venres 3 de febreiro ás 20.00 horas na propia Aula CeMIT, no primeiro andar do edificio da Biblioteca Municipal. O aforo é limitado a 42 prazas que se cubrirá por orde de chegada.