Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Vicente G. Legísima: "O que deron coa prórroga a Ence non é un pelotazo, é un pelotón lamentable"

O concelleiro explica os pasos que dará o Concello para intentar revocar a concesión

O concelleiro Vicente García Legísima. // Rafa Vázquez

O concelleiro Vicente García Legísima. // Rafa Vázquez

"Máis que opinión, a prórroga a Ence o que me produce é tristura, mágoa", recoñece Vicente García Legísima, hoxe concelleiro do grupo de goberno pontevedrés e no seu día o letrado que logrou a condea a Ence por delito ecolóxico continuado. "Nin era o momento de concedela", señala, "nin son as formas, por moito que se diga que quen a firma é una subdirectora non cabe dúbida que quen a tramita e quen está ó frente é un goberno do Partido Popular que é quen ten as competencias para tramitar esa prórroga. Se tiveran un pouco de decencia política deixarían a decisión para o próximo goberno".

-Mesmo dende as filas populares fanse críticas ás formas

-Un membro do PP de aquí de Pontevedra decíame o meu partido non debería facer esto, se realmente cre que se debe de otorgar a prórroga debería ter a valentía de telo feito coa maioría absoluta que tiña e sin estar en funcións, antes das eleccións do 20 de decembro, así que todo me parece moi lamentable.

-Acaba o Concello de recibir a resolución (o concelleiro deulle unha primeira lectura instantes antes da entrevista

-Vai loitar con tódolos medios posibles para conseguir que se revoque esta prórroga, estámola vendo por encima, nos nos deu tempo nin moito menos á analizala pero á vista do que pon resulta lamentable que non se nos dera a audiencia que pedía o Concello, que o que solicitaba é ter acceso ó expediente. O usual é que calquera adminisración remita copia do expediente donde está o organismo que ten que facer as alegacións, ou a institución ou administración, e no caso de Ence sempre se fixo, sempre se remitiron a Costas de Pontevedra tódolos expedientes administrativos, todos menos éste, e vemos que hai cousas aquí que se fala de obras, de proxectos etc que non podemos analizar, incluso parece que se autoriza a desaparición das balsas.

-Autorizase a supresión das balsas de decantación? Ence non estaba obrigada xa por unha resolución anterior a manter esas balsas de seguridade?

-Parece, parece, sin velo a fondo pero parece que si cando houbo un procedemento administrativo concreto porque Ence intentou conseguir a declaración de innecesariedade desas balsas e negoullo o Ministerio, e agora parece que pola vía da prórroga conseguen todo esto.

-Para unha total profana parece que sería extraordinariamente perigroso para a ría

-É que o que hai no fondo desas balsas de decantación, en fin, sería longo de explicar pero o que se coñeceu, non nas balsas que ahí habería de todo, senón na ría de Pontevedra o que hai é, entre outras, unha gran carga de mercurio. Hai sobre todo un informe do Instituto Oceanográfico que se fixo cando foron as dilixencias previas e mercurio hai moitísimo depositado alí que non se elimina e que tamén desaconsellaban retiralo das bolsas de decantación, porque ahí hai de todo vamos, todos os verquidos antes de ir ó mar, alí quedaba unha parte antes de ir ó emisario submarino.

-Que pasos vai dar o Concello?

-Antes de ir ó contencioso-administrativo directo o que faremos será, penso, o que se chaman dous requerimentos previos, porque entre administracións non hai o recurso de alzada ou recurso de reposición, senón outro tipo de procedimento que é semellante, un contra o feito de que non houbera transparencia, esa tan cascarexada transparencia que non se producise neste asunto e que ninguén tivera acceso ó expediente; que non lle permitiran ó Concello durante os 10 días que se deu trámite de audiencia, é importante dicilo porque o portavoz do PP decía que non tiñamos trámite de audiencia e si se nos dou pero sin acceso ó expediente, porque comprenderase que non se ía a desprazar a uns funcionarios a Madrid para ver o expediente con todo o que leva consigo. Por un lado será eso e tamén o requerimento previo contra a resolución que lle otorga eso. E despois haberá dous contenciosos administrativos contra a resolución.

-Quen a asina finalmente?

-Ven asinada pola ministra, pola subdirectora xeral e a ministra tamén.

-O alcalde afirmou que se lle está regalando a Ence máis de 1.000 millons...

-Non cabe dúbida que no tema de Ence hai uns grandes beneficiarios, chamenoslle o capital, as persoas e entes que ahí investiron. Os terreos de Ence tiñan unha data de caducidade que todos sabían, no 2018, xa cando se saca a cotización das accións a bolsa e cando van pasando de distintas mans as accións de Ence, todos eses sabían o que mercaban, un produto, chamemoslle así como fan eles, que no 2018 desaparecía, e compraron barato, e agora o que se lles regala son 60 anos máis a coste digamos cero.

-Quere dicir un pelotazo?

-Un pelotazo non, un pelotón sería, o que recibiron é un peloton lamentable, un pelotazo con todas as da lei: un incremento de valor das súas participacións. E resulta lamentable, causa mágoa, cando se está a falar da loita contra o cambio climático aquí unha resolución levada a cabo por un goberno do que se di pontevedrés Mariano Rajoy causa unha suba nas accións, fíxese: o que destrúe o medio gaña cartos, gaña que suban as súas accións, pois vamos non é para estar orgulloso e penso que calquer politico debería reflexionar sobre a concesión dunha prórroga que vai causar máis danos na ría de Pontevedra e que produce que suban as accións, non e bo e logo ir coa bandeira por ahí de que se aceptan todas as recomendacións da Unión Europea para loitar contra o cambio climático. E tampouco convén esquecer que as persoas que investiron ahí tiñan amortiza a súa inversión, con creces, no 2018, pero permíteselles seguir gañando diñeiro a costa de contaminar, e tamén da eucaliptización de Galicia, calquera que vaia pola zona do Cantábrico creo que non ve outra cousa que eucaliptos, quilómetros e quilómetros terra adentro. O eucalipto pode convivir pero non como se está facendo, nos mellores terreos e convertindo o monte galego nun monocultivo, e eso é o que está facendo Ence, non só contaminando senón destruíndo a riqueza dos nosos montes. E abaratando, todo hai que dicilo, o precio do eucalipto.

-Conseguiu a condea por delito ecolóxico a Ence. Pensa que a prórroga da concesión poderá pararse, que é factible?

-Eu como decía alguén teño fe no noso pobo e estou seguro de que si todos os que levamos loitando e os que se están sumando a esta loita seguimos xuntos e firmes non cabe dúbida de que a corto ou medio prazo conseguiremos que esto se pare ou desapareza. E hai que suliñar que todos os que estamos nesta loita non o facemos por un beneficio persoal, ninguén recibe nada a cambio, o único que recibiremos é deixar algo mellor do que nos atopamos, deixar unha ría mellor da que nos atopamos para as xeracións futuras. Estou seguro de que esto se parará, pero se non se para cantas xeracións máis pasarán por aquí nos seguintes 60 anos?

-Sería unha concesión por 110 anos

-É importante ese tema: unha concesión non otorga a propiedade dos terreos, a concesión otorga unha autorización para durante un periodo determinado levar a cabo unha explotación, pero se a alguén se lle da unha concesión por 100 anos é moito máis que unha propiedade, porque ninguén detenta unha propiedade durante 100 anos, son moi poucos os afortunados tan lonxevos e que podan ser propietarios durante tanto tempo, pois esta sociedade que se chama Ence Energía vai ser propietaria de facto duns terreos durante máis de cen anos, eso non é darlle unha concesión, é darlle a propiedade plena dos dereitos. E os bens de dominio público non son están para que alguén os detente como titular único, o que lle están dando coa prórroga é unha propiedade pura e dura. E teremos que ver con detemento a resolución firmada por esta ministra (que digámolo tamén, non é un exemplo a seguir e algúnha implicación terá neso no que está metido quen a propuxo como ministra, que non vou dicir o nome) pero penso que incluso esta prórroga ata cambia o condicionado total e absoluto do título concesional que tiña antes, e pareceme que unha prórroga non é eso, dame a impresión que é unha carta blanca para que faga e desfaga ó seu antollo neses 373.524 metros cuadrados, esa zona que foi un día maravillosa, por eso lle chamaban Os Praceres, e que está convertido no que é.

-Socialistas e Marea propoñen nomear a Mariano Rajoy "persona non grata". Está dacordo?

-Eu nesas cousas... Opinaremos no pleno pero parecenme cousas pouco efectivas, anécdotas que seguramente darán moitas páxinas nos medios de comunicación pero eu sin criticar esa medida que propoñen esas duas formacións políticas pareceme que as accións non deben de ir por ahí. Incluso me parecería moito mellor que a próxima vez que o señor Mariano Rajoy veña a Pontevedra o recibamos como merece, e ahí, con educación e civilizadamente, sempre de xeito cívico e civilizado, expresarlle que a súa terra non se merecía eso.

Compartir el artículo

stats