O pleno do Concello de Pontevedra aprobou, co voto en contra do BNG, adicarlle diversos actos a Filgueira Valverde, unha nova polémica que ven a sumarse á controversia polo nomeamento do polígrafo como autor homenaxeado no Día das Letras 2015. Os actos de homenaxe faranse finalmente grazas aos apoios do PP e PSOE e da concelleira non adscrita María Biempica. O Bloque rexeita homenaxear ao intelectual pontevedrés a pesares de que o seu socio de goberno lembroulle ó alcalde que "hai que antepoñer os intereses colectivos aos partidistas e a inmensa faceta cultural de Filgueira non se pode ensombrecer". O seu fillo agradece ás institucións que respaldaron o nomeamento no se día e agora aos grupos políticos con representación no concello que acordaron adicarlle o programa de actividades para divulgar a obra e a vida do historiador.

-O pleno e o posicionamento do BNG retoma a polémica sobre o seu pai.

-Cando lle deron as Letras Galegas, que xa o falamos e xa houbo o balbordo inevitable, pareceu que todo o mundo tiña razón, fixen unhas declaracións daquela e podería pensar que co que saiu á luz na prensa e cos artigos de fondo que se publicaron e unha serie de cousas ó menos unha xente podería ter mudado certas posturas sobre meu pai, nembargantes non hai ningunha novidade baixo o sol: o nacionalismo de esquerdas ten unhas ideas sobre a figura de Filgueira que non van cambiar, e indubidablemente a cidade ten un sector, que é nacionalista de esquerdas, ten outro sector, que é nacionalista pero non é de esquerdas e outra moita xente que segue a outros partidos que están no Concello.

-Que lle diría a quen di que houbo presións políticas para que a RAG se decidise por Filgueira?

-Que Filgueira ten méritos para o Día das Letras eso non o dubida caseque ninguén. pero decir que se lle deron as Letras porque é unha imposición da Xunta a min pareceme, cando menos, unha osadía, nembargantes lóxicamente sigo na idea de que cada un ten dereito a ter a súas ideas e defendelas, do mesmo xeito que a min me arrepiaría que o alcalde de Pontevedra presidira unha procesión da Peregrina, dese mesmo xeito se el ou eles, o grupo de goberno do BNG, non están dacordo coa figura tampocou á familia nos gustaría que estiveran a disgusto en calquera acto que tiveran que acudir, porque hai moitos medios de representar a un Concello, e nós teremos que estarlle profundamente agradecidos ós grupos que apoiaron a moción en defensa da figura de Filgueira, porque o que eu non son é un desleigado, se alguén dende as institucións recoñece a figura do noso pai indubidablemente a familia ten que estar a favor e, como estamos, fondamente agradecidos.

-Seu pai decía que foi un gran erro ser alcalde, so se consolaba pensando no centro histórico...

-Claro, eu creo que o Concello ó mellor tiña que facer unha investigación, nunca falei desto, pero probablemente facer un estudio sobre as posicións a prol do galeguismo e da cultura galega que podería dar luz. Cando un ten que convivir cunha dictadura, como se conviviu, dende o plantexamento da dereita, eso xa o falamos vostede e eu e non quero repetirme, indubidablemente a vida ten veces que terá que tragar e outras que poderá cuspir, solo hai esas duas opcións, ou tragar ou cuspir. Que non foi afortuada para Pontevedra a súa etapa como alcalde? Eu penso que para Pontevedra foi moi boa, que o seu traballo como alcalde non foi nada malo. Dende logo no caso da zona monumental calquer boom constructivo que houbo (e que xerou barrios coma os Salgueiriños, ou rodear Pontevedra casas baratas) si hai que reconocerlle a él a protección, a preciosidade coa que nos atopamos hoxe o ir pola zona vella non tería sido posible si alguén tivera construido un edificio de cinco plantas nas Cinco Rúas, cousa que se intentou por certo. A cidade concedelle a Medalla de Ouro, que sempre foi proposto polos partidos de dereitas? Pois si.

-El era galeguista de dereitas.

-Pois bendito sexa Deus, e que nós ímonos arrenpetir por el? Indubidablemente que non, cada un ten as súas ideas.

-¿Descoñecese o seu papel como procurador na defensa da edudación en galego?

-Descoñecese totalmente o importante que eso foi para o galego, cando se debatiu a Lei Rosón e el apoiou a moción das linguas autóctonos e o dereito a ser educado en galego, e eso que se estudia pouco, porque a xente le pouco e eso está no diario das Cortes de xeito que se pode comprobar, hai intervencións, as dúas con frases en galego e lembrando a filosofía de Sarmiento sobre a docencia das linguas, e que foron moi definitivas porque moitos lingüistas e moitos profesores de Literatura Galega cando se iniciou meteron o galego na escola baseados no decreto de Villar Palasí (a chamada Ley General de Educación y Financiamiento de la Reforma Educativa) e no que se tivera aprobado nas Cortes, por moi franquistas que foran.