Benito Montero Prego
"Probablemente son o primeiro fiscal da historia que empregou o galego nos seus escritos"
"Ao principio foi admitido con certos reparos, pero dixen: nen un paso atrás"

Benito Montero, onte, no seu despacho da Fiscalía. / // Rafa Vázquez
Carlos García | Pontevedra
-Son 44 anos de traxectoria profesional como fiscal; toda aquí, en Pontevedra?
-Non. O meu primeiro destino foi en Asturias, onde cheguei no ano 1971. Despois de cinco anos trasladeime a Vigo, onde estiven entre o ano 1976 e 1984. Foi unha etapa preciosa, entre outras cuestións porque coincidiu coa lei do divorcio. Eu trouxen aquelas actividades culturais e sociais que organizara aquel secretario de estado de Xustiza, Enrique Linde, que desenvolvera a lei do divorcio e indubidablemente, moitos compañeiros fiscais daquela época denostaban aquela lei como algo horroroso que traían os socialistas e que iba a acabar coa sociedade. Tiven mesmo algún enfrontamento moi serio pero logrei saír adiante con aquelo e gracias a iso Linde, sabedor da miseria de medios materiais que tiñamos no xulgado de instrucción 3 de Vigo (celebrábamos os xuizos nunha cociña dun piso que empregábamos como xulgado) pois concedeume o presuposto para un novo xulgado se eu atopaba os locais. E así foi, o Concello cedeume uns locais detrás do Pazo de Xustiza e Vigo tivo un novo xulgado, o número 3. Como cousa curiosa podo dicir que que foi a primeira vez que nun xulgado había un despacho dun fiscal e mesmo con teléfono. Logo estiven un ano en Tenerife, outra época moi bonita, e finalmente en Pontevedra a partir de 1985.
-Escribindo en galego, apoiando a lei do divorcio..., viña vostede con una nova visión de ver as cousas da existente ata entón, non o miraban naquel tempo como unha cousa rara?
-Un pouco raro si. Por poñer outra anécdota. Naquel momento, calquer delito cometido por un drogadicto esta circunstancia era unha agravante. Penso que eu fun o primeiro fiscal en expoñer na Audiencia a necesidades de cambiar esto de forma radical e solicitaba menos pena para o acusado ao considerar que esta circunstancia era unha atenuante. O drogadicto ten todas as súas capacidades volitivas e intelectivas disminuidas e había que rebaixar a pena. Esto causou certo asombro entre algúns compañeiros e xuíces, non de todos, pero si de algún. E iso ao final foise impoñendo hasta ser recollido no Código Penal. E logo estaba iso de escribir en galego. Era como un bicho raro, rarísimo, en certos aspectos. Despois, do resto, cada un é como é. Eu penso que hai que respetar ao delincuente porque é unha persona que debe ter sitio na nosa sociedade, e merece o mellor trato da Xustiza de cara a súa reinserción. Por iso eu aparteime da costume que había de utilizar palabras grosas ou ofensivas contra eles.
- Una persecución nocturna acaba con un coche policial volcado en un solar en Pontevedra
- «Mi vida está dividida en dos, una parte aquí, en Pontevedra y, la otra, en Brasil»
- Un coche colisiona con un tractor en Cuntis y acaba golpeando a una mujer en la acera
- Pontevedra adjudica por 3,1 millones el vial de Mollavao y la humanización de Rosalía de Castro
- Otra oportunidad para dos frailecillos
- Marín celebra hoy el desfile de Carnaval que tuvo que aplazar el día 15
- Empieza el despliegue de los contenedores grises en Pontevedra con un llamamiento al reciclaje
- El Puerto de Marín reafirma su liderazgo en el uso del tren: mueve 33.000 toneladas al mes