O Clube de Opinión Portocelo conmemorará o 70 aniversario da publicación de "Sempre en Galiza" de Castelao, cun acto que terá lugar o 11 de xuño na biblioteca municipal. O acto será presentado por Héctor Silveiro, ensinante do colexio San Narciso de Marín e membro da Real Academia Galega (RAG). A coral do Centro Sociocomunitario porá peche o acto.